venres, 19 de maio de 2023

PARABÉNS JULIETA!!!!

O martes 16 de Maio festexamos na aula de 5º de EI que a nosa amiguiña Julieta xa ten 5 anos!!! Fixemos a coroa, Julieta deulle 5 voltas ao sol, puxemos a mesa e despois de cantarlle o parabéns para ti soplou moi forte a candea do número 5. Despois da encherola bailamos e trouleamos pola clase. Podedes ver unha pequena mostra do que pasou no seguinte vídeo🎈🍰👀💓

mércores, 17 de maio de 2023

Adiviñar que alimento estamos a probar

Inmersos na importancia dunha alimentación saudable, desta vez tocou vendar os ollos e adiviñar que alimento estabamos a probar. E non nos foi de todo mal, ollade e veredes.
adiviñar que alimento estamos a papar!!! de veronica

sábado, 13 de maio de 2023

COMO ME SENTIRÍA SE...

Despois de escoitar o conto: "¿Que tal estás?" de Anthony Browne na clase de 5º de EI, estivemos dialogando sobre as distintas emocións que aparecen no libro e de situacións que nos fan sentir así. Para afondar máis na temática a profe imprimiu unha serie de imaxes nas que se reflectían situacións que implicarían distintas emocións. Por exemplo: se un amigo che grita, se che pegan, se che fan un regalo...😥😩😃

xoves, 11 de maio de 2023

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (6.ºEI)

O día 2 de maio celébrase o Día Internacional Contra o Acoso Escolar. As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil preguntámonos: que é acoso? Logo de facer unha chuvia de ideas, chegamos á conclusión de que esa palabra facía referencia a pegar, dicir cousas feas aos demais, apartar do grupo...

Aproveitamos este día para ler o conto Orellas de bolboreta. Conta a historia de Mara, unha nena que sobre burlas continuas das súas compañeiras e compañeiros.

Puxémonos na pel de Mara e identificamos como nos sentiriamos se nos fixesen iso a nós, así como tamén aprendemos que non facer nada nestas situacións tamén é facer dano.

martes, 9 de maio de 2023

O DÍA DO LIBRO EN 5º DE EI

O luns 24 de abril na clase de 5º de EI conmemoramos esta data tan especial mesturando libros, xogo e robótica. Para xogar debíamos seguir os seguintes pasos: 

📚 Ler unha frase dos nosos libros favoritos.

📚 Adiviñar de que libro se trataba.

📚 Levar a Bee Bot a casiña do taboleiro correspondente coa portada.

Velaí vos deixamos unha pequena mostra do que aconteceu ese día 👀


Erik cumple 4 anos

Comenza o mes de maio e con el o primeiro aniversario deste mes tan florido. Parabéns Erik!!!.
¡Feliz cumple! de veronica

sábado, 6 de maio de 2023

Alimentando os sentidos en 5º de EI!!!

Para poñer a proba os nosos sentidos e alimentalos de forma saudable  xogamos na clase con Bee Bot. As profes dabannos alimentos saudables 🍌🍓 e nós  cos ollos vendados debíamos empregar o resto dos sentidos para poder adiviñar de que alimento se trataba, despois debíamos levar a Bee Bot á caixa do taboleiro correspondente. Aquí tedes unha pequena mosta do que fixemos 👀