luns, 8 de xaneiro de 2024

Agasallos de Reis

Que sorpresa nos levamos hoxe cando chegamos ao cole. Uns agasallos estaban agardando por nós, os Reis Magos non se esqueceron de pasar polo San Luís Romero; plastilina, Mr Potato, maletíns de médicos e un molde grande para facer os nosos biscoitos.
Moitas grazas Melchor, Gaspar e Baltasar!!!.

martes, 26 de decembro de 2023

Festival de Nadal Infantil

Os nen@s de Infantil participamos no festival do colexio interpretando a panxoliña "El arbolito". Agardamos que vos guste.
Deseño de veronica

Nadal 2023

Cómo nos gusta o Nadal en Infantil. Neste mes de decembro fixemos moitísisisimas cousas. Engalanamos o cole, vestímonos de árbore de Nadal, participamos no festival do cole, escribimos a carta a Papá Noel, tomamos unha chocolatada con churros que estaba de vicio á que nos convidou a ANPA.... e moito mais. Ollade e veredes.

Bo Nadal!

Os nen@s de Ed. Infantil queren desexarvos.... "Bo Nadal",
Bo Nadal! de veronica

Aniversarios Decembro

Este mes de decembro veu cargado de celebracións e festexamos o aniversario de tres amiguiños; Uriel e Djibryl de 6º de Ed. Infnatil que cumpriron 5 anos e o pequeno Antón de 4º de Ed. Infantil que soprou a candea do número 4. Parabéns chicos!!!.

Aniversarios Novembro

No mes de novembro estivo de aniversario a nosa amiga Melany e festexámolo como é de costume. Qué ben o pasamos! Parabéns Melany!!!
feliz aniversario Melanie de veronica

mércores, 13 de decembro de 2023

Visitamos o museo de Belas Artes

O pasado 17 de novembro os máis pequenos do colexio visitamos o museo de Belas Artes en Coruña. Ollade que ben o pasamos.