sábado, 3 de febreiro de 2024

Proxecto " O MEDO".

Hoxe ao chegar á aula os nenos de 3 e 4 anos atopámonos con unha caixa misteriosa. Queredes saber o que contiña?
Proxecto "O medo" de veronica

venres, 2 de febreiro de 2024

30 XANEIRO. "DÍA DA PAZ"

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Partindo do proxecto “Canto Sentimento”, quixemos reflectir emocións de calma, benestar, tranquilidade...... nuns arcos da vella que engalanan un ceo ben emocionante ,e baixo o que os nen@s de infantil agarrados da man gritamos ....“PAZ”.
30 xaneiro de veronica

sábado, 27 de xaneiro de 2024

ANIVERSARIOS XANEIRO

Celebramos os primeiros aniversarios do ano. Desta vez foron 4 amiguiños que sopraron as candeas. Agardamos que o pasarades moi ben na vosa festiña. Parabéns para Gael, Teresa, Izan e Jairo.
Aniversarios xaneiro de veronica

luns, 15 de xaneiro de 2024

luns, 8 de xaneiro de 2024

Agasallos de Reis

Que sorpresa nos levamos hoxe cando chegamos ao cole. Uns agasallos estaban agardando por nós, os Reis Magos non se esqueceron de pasar polo San Luís Romero; plastilina, Mr Potato, maletíns de médicos e un molde grande para facer os nosos biscoitos.
Moitas grazas Melchor, Gaspar e Baltasar!!!.