luns, 12 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024

Que días tan emocionantes! Disfrazarnos encántanos. Nesta ocasión foi a Meca Lupe a que nos lanzou ao longo da semana os diferentes mandadiños para ir quentando motores ( o luns algo na cabeza, o martes no pescozo..... e por fín xoves,a disfrazarnos do que mais nos guste. Deste xeito chegamos ao gran día,venres, onde participamos no tradicional desfile de entroido. Seguindo o proxecto anual da biblioteca "CANTO SENTIMENTO", a emoción elexida foi.... "O MEDO ", E despois de tanto troulear non podían faltar orellas, rosquillas, filloas....que aportaron as familias acompañados de chocolate quente ofrecido pola ANPA. Moitas grazas, estaba todo de rechupete e pasámolo... xenial.
ENTROID 2O24 de veronica

sábado, 3 de febreiro de 2024

Proxecto " O MEDO".

Hoxe ao chegar á aula os nenos de 3 e 4 anos atopámonos con unha caixa misteriosa. Queredes saber o que contiña?
Proxecto "O medo" de veronica

venres, 2 de febreiro de 2024

30 XANEIRO. "DÍA DA PAZ"

O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Partindo do proxecto “Canto Sentimento”, quixemos reflectir emocións de calma, benestar, tranquilidade...... nuns arcos da vella que engalanan un ceo ben emocionante ,e baixo o que os nen@s de infantil agarrados da man gritamos ....“PAZ”.
30 xaneiro de veronica

sábado, 27 de xaneiro de 2024

ANIVERSARIOS XANEIRO

Celebramos os primeiros aniversarios do ano. Desta vez foron 4 amiguiños que sopraron as candeas. Agardamos que o pasarades moi ben na vosa festiña. Parabéns para Gael, Teresa, Izan e Jairo.
Aniversarios xaneiro de veronica

luns, 15 de xaneiro de 2024