venres, 7 de xuño de 2024

5 de Xuño. Día do Medio Ambiente

O mércores 5 de xuño celebrouse o día do Medio Ambiente. O alumnado de Infantil acudiu á praza do concello a abrazar árbores con uns brazos enormes. En xornadas anteriores decoramos os brazos para engalanar a estes seres vivos aos que tanto lles debemos.
DÍA DO MEDIO AMBIENTE de INFANTIL

martes, 4 de xuño de 2024

ANIVERSARIOS MAIO

O pasado venres festexamos os aniversarios do mes de maio. Mirade que ben o pasamos. Parabéns cumpleañeros!!!
MAIO de INFANTIL

venres, 31 de maio de 2024

xoves, 30 de maio de 2024

OS ESQUELETOS

Este curso non paramos de recibir correspondencia. Adiviñades quen nos escribiu desta vez?. Si, a pantasma Asma. Queredes saber o que nos conta?. Ollade o vídeo e averiguaredes.
OS ESQUELETOS de Infantil

xoves, 23 de maio de 2024

Visitamos O Ventoso

O pasado 16 de maio fixemos unha saída a unha granxa no concello da Laracha chamada " O Ventoso". Os monitores e monitoras tiñan programadas un montón de actividades que nos encantaron. Ollade e veredes!!!.
Visitamos O Ventoso de veronica

mércores, 22 de maio de 2024

17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Este ano a homenaxeada no día das Letras Galegas foi Luisa Villalta. Seguindo o proxecto anual da biblioteca "Canto Sentimento", os máis pequenos do cole quixemos poñer diferentes emocións a esta gran escritora, filóloga e violinista.🤣😊😒 Ollade e veredes.
17 de maio de veronica

sábado, 4 de maio de 2024

ANIVERSARIOS ABRIL

En Infantil non paramos de festexar aniversarios todos os meses. En abril estiveron de aniversario seis amiguiñ@s. Parabéns para todos eles. Agardamos que o pasarades moi ben na vosa festiña!!!!
¡Feliz Cumpleaños! de veronica