Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 4anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
venres, 15 de novembro de 2019
Sesión fotográfica outonal
Mirade que modelos máis profesionais estamos feitos!!!
Un sorriso, e ...... CABAZA.
Que guapisisím@s
domingo, 10 de novembro de 2019
Uns contos con Fuco
O pasado luns, as nenas e nenos de 4 e 5 anos fomos á Biblioteca Rego da Balsa de Carballo a un contacontos chulísimo do noso amigo Fuco. Fuco é un dos ratiños de Lonxedetodo, da compañía Trinke Trinke que nolo fixo pasar mooooi ben, rir moito e tamén facer algo de ximnasia jiji Alí coincidimos cos compis do CEIP de Nétoma-Razo.
mércores, 6 de novembro de 2019
Na aula de 5 anos imos traballar... OS TIBURÓNS!!
Na aula de 5 anos, como xa somos os
maiores de educación infantil, temos moitas inquedanzas, polo que comezamos a
falar sobre que nos gustaría estudar. Cada neno/a propuxo un tema e, como
vivimos nunha democracia, decidimos votar!!
E que pasou?? Que había dous temas que empataron así que... volvemos votar.
E agora gañou o tema dos TIBURÓNS, polo que traballaremos
sobre el a partir de agora. Dende aquí pedirvos a vosa colaboración, pois sodes
unha grande fonte de información!! Imos facer un recuncho sobre esta temática e
vós podedes aportar algunha noticia, algún conto ou libro informativo que
teñades na casa, fotografías e calquera cousa que se vos ocorra e que nos
permita aprender moito sobre os tiburóns!! Moooooitas grazas.
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas
Escolares e como o fixemos??? Realizamos unha actividade co Bee Bot para
coñecer as normas da biblioteca, deixando así inaugurado este novo recuncho co
que conta a “Biblio San Luís”. Gustounos moito moito, pero debemos dicir que se
nos fixo curta a actividade, queremos repetir!!
No blog da biblioteca do cole podedes ver un vídeo ben chuli da actividade: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2019/10/24-de-outubro-dia-das-bibliotecas.html
No blog da biblioteca do cole podedes ver un vídeo ben chuli da actividade: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2019/10/24-de-outubro-dia-das-bibliotecas.html
Etiquetas:
3 anos,
4 anos,
5 anos,
Biblioteca,
Robótica
Magosto e Samaín 2019
Deixámosvos algunhas
imaxes coa exposición das cabazas de todo o cole.
As nenas e nenos de 5 anos fixemos unhas momias con pan de molde, salsa de tomate, xamón, queixo e aceitunas. Hmmm... estaban boísimas!! Case non nos resistiamos sen probalas mentres as faciamos!!
Unha caloriña para derreter o queixo e... listos para zampar!!
Os nenos e nenas de 4 anos fixemos unhas pantasma con platano e chocolate. Mirade como quedaron!!
Agora ollade que merendas tan terroríficas fixemos todo o cole!!
Agora ollade que merendas tan terroríficas fixemos todo o cole!!
Tamén comemos castañas.
NOVAS DO OUTONO
Na aula de 5 anos, empregamos dúas
páxinas do xornal La Voz de Galicia para ler dúas noticias sobre o outono: unha
delas trataba sobre as aves que migran no outono e, a outro, sobre un hotel de
insectos!! Como traballamos as noticias?? Aproveitabamos que na aula estaba a
profe Mar e dividímonos en 2 grupos, cada un cunha noticia. Lémolas, subliñamos
as palabras importantes e logo explicamos ao outro grupo de que trataba a nosa
noticia!!
O OUTONO XA CHEGOU, AS FOLLIÑAS CAEN...
No cole estivemos a traballar moitas cousiñas sobre o
outono como, por exemplo, os froitos desta época. Familias, vós sabedes en que
se poden clasificar??? Pois ímosvolo contar, en froitos secos e carnosos.
Decidimos realizar, na entrada do cole, unha exposición de diferentes froitos
do outono e aproveitamos para escribir o seu nome nunhas tarxetas para telos
ben identificadiños.
Debullamos millo.
Degustamos peras, mazás, uvas, noces e marmelo!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)