venres, 29 de novembro de 2019

SAÍDA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Hoxe os peques do cole fomos de excursión ao Aquarium Finisterrae, que ben o pasamos!!! O que máis nos gustou foi ver a Gastón, é impresionante!!

Esta foi a primeira excursión para os de 3 aniños. Portámonos todos/as super ben jijiji estamos desexando volver.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As nenas e nenos de todo o cole cantamos a canción "Chea de vida" de Guadi Galego, para celebrar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero que celebramos este luns 25 de novembro.
Como podedes ver, signamos o seu retrouso para facer dela unha canción máis inclusiva.
Traballamos tamén a historia das irmás Mirabal, tres mulleres que foron asasinadas por opoñerse a unha ditadura aló polo ano 1960. Eran coñecidas como "As bolboretas", de aí que levemos ese colar. 
A partir de agora a entrada do cole é unha pequena exposición de bolboretas que agardamos voen libres coma todas as persoas. Loitemos por unha sociedade máis igualitaria e sen estereotipos!
Na entrada do cole tamén temos unha exposición de libros sobre a temática.

mércores, 27 de novembro de 2019

BUSCA DE INFORMACIÓN SOBRE OS TIBURÓNS

Logo de escoller o tema sobre o que iamos traballar, as nenas e nenos de 5 anos falamos sobre que sabiamos dos tiburóns e que queriamos saber, moooitas cousas!!! E que podiamos facer para aprender deles??? Pois precisabamos información, imaxes... así que enviamos unha carta ás familias para que aportasen aquilo que tivesen pola casa sobre o tema e construímos un recuncho.


Tamén se nos ocorreu ir á biblioteca, pois está cargadiña de libros, algúns dos cales levamos emprestados para o noso recuncho. Unha vez seleccionamos aqueles que nos podían ser útiles, puxémonos por pequenos grupos para buscar aquelas páxinas onde se facía referencia aos tiburóns; marcámolas cuns marcapáxinas.







Despois coa axuda da profe Mar, por grupos, clasificamos a información.




E agora niso andamos, aprendendo mooooito sobre eles!!! Se vós tamén tedes curiosidade sobre estes animaliños podedes consultar algúns dos libros que manexamos:









Aaah!! Moitas grazas a todas as familias que aportastes material!! Estanos sendo de moita axuda.

XUNT@S SUMAMOS!!

No cole participamos no concurso "Xuntos sumamos" que promove Aloumiños e que consistía na elaboración de debuxos para un calendario. Do cole gañaron dúas nenas e dous nenos, que alegría!! Moitos parabéns!! E parabéns tamén a todas as compañeiras e compañeiros que, ao igual que nós, puxeron todo o seu empeño e esforzo en facer os debuxos, vós tamén sodes gañador@s!!!!!!

Deixámosvos un pequeno vídeo da entrega de premios que tivo lugar o sábado.


venres, 22 de novembro de 2019

AS NOSAS PALABRAS MÁXICAS

Fai uns días cando chegamos á aula levamos unha grata sorpresa. Alguén deixara unha bolsa para    nós enriba dunha mesa con unha carta.
Sabedes de quen era?. O seu remitente era FIDALGO.
Empezamos a preguntarnos quen sería ese Fidalgo. Seguimos lendo e descubrimos que era un trasno que vive na biblioteca do noso centro entre contos e libros, e que de vez en cando polas noites sae a dar un paseiño polas aulas. Tamén nos contaba que era medio mago e que na bolsa nos deixaba a súa chisteira, variña máxica e unhas palabras máxicas que a partir de agora serían as nosas tamén.
Estivemos léndoas, creando situacións nas que as podemos empregar... e decidimos adicarlle  un recanto moi especial na nosa aula comprometéndonos a usar sempre estas palabras máxicas que a Fidalgo e a todos nós nos gustan tanto.
Despediuse decíndonos "ata pronto", a ver cando volta a sorprendernos!!!!











mércores, 20 de novembro de 2019

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Hoxe, 20 de novembro, celebramos o Día Universal da Infancia. Loitemos por vivir en igualdade de condicións!!!!





"Un neno/a sempre pode ensinar tres cousas a un adulto: a poñerse contento sen motivo, a estar sempre ocupado con algo e a esixir con todas as súas forzas aquilo que desexa" Pablo Coelho
ANIVERSARIOS 4 ANOS!!!

En setembro celebramos na clase de 4 anos o cumple de Alejandro e en outubro os aniversarios de Aitana, Lucía e Yara! Parabéns!