sábado, 15 de febreiro de 2020

O NOSO XACINTO CORAZÓN

Na aula de 5 anos tamén temos un xacinto, un xacinto de cor rosa ben fermoso! Con el aprendemos algunhas características importantes para o seu coidado, a responsabilizarnos para regalo, a ter paciencia mentres agardamos a que saíse a flor...


Xa levaba algúns días con nós na clase cando se nos ocorreu unha idea, poñerlle un nome!! Había moitas propostas así que o máis xusto para bautizalo era votar e escoller aquel que lle gustaba máis á maioría.


E así foi como o noso xacinto quedou bautizado como "Corazón".

xoves, 6 de febreiro de 2020

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Queres matricular o teu neno ou nena no noso cole para o vindeiro curso?? A próxima semana realizamos unha xornada de portas abertas, ven coñecernos!! Agardámoste cos brazos abertos.


mércores, 5 de febreiro de 2020

Un petisco moi saudable

Mirade que petisco máis saudable nos zampamos onte a media mañán grazas aos nosos compañeiros de 5 anos. Convidáronnos a estas froitas tan ricas  e sans ( amorodos, mazáns, melón....) coas que fixemos unha rica macedonia.
Grazas amiguiñ@s!!!!!



UN CONTACONTOS EN FEBREIRO

Hoxe, os nenos e as nenas de educación infantil aproveitamos a Hora de Ler para ir á biblioteca do cole a un contacontos. Tivemos moita sorte pois algúns nenos e nenas de 6.º de primaria léronnos un conto que nos gusta mooooito a todos. Sabedes cal foi? Siiii... Corre corre, cabaciña!!!







Grazas compis!!

martes, 4 de febreiro de 2020

BROCHETAS SAUDABLES

Hoxe puxémonos mans a obra co primeiro reto do proxecto!! Facer brochetas saudables coas froitas que nos gustan.



Reto superado!!

COMEZO DUN PROXECTO

Onte na clase de 5 anos, logo de acabar a asemblea, decatámonos de que había algo na nosa biblioteca... Un novo libro e unha carta!! De quen sería?, quen puxera aquilo alí?, era para nós?



Cheos de ilusión puxémonos a lela e.. era unha carta de Fidalgo, a mascota da nosa biblioteca!!  Convidábanos a comezar un proxecto pero, para descubrir sobre que, tivemos que descifrar un código poñendo debaixo de cada imaxe, a letra pola que comeza cada palabra.



Andaaa!! Xa descubrimos de que se trataba o proxecto que nos dicía Fidalgo, de alimentación saudable, que é moi importante para medrar fortes e sans. Xa el sabía canto nos gustan a nós os festexos con comida, somos mooooi larpeiros e larpeiras jijiji

Para comezar, deixounos un libro titulado Yo me pregunto... Los alimentos, que agora forma parte do recuncho que imos facer sobre a temática. Tamén nos propuxo un primeiro reto: facer brochetas de froita. Para iso, precisabamos froitas pero... cales? A mellor idea que se nos ocorreu foi facer unha lista con aquelas que nos gustan para que a profe puidese mercalas para facer a merendola ao día seguinte, e iso fixemos.











XOGANDO Á OCA CON BEE BOT

Na aula de 5 anos estivemos xogando á oca co noso amigo Bee Bot. O xogo consistía en tirar un dado, contar e darlle as indicacións ao noso robot para que avanzase o número de cadrantes correspondente. En cada un deles tiñamos unha pregunta sobre aspectos de lóxica matemática como coller unha decena de paus, pequenas sumas, uso dos cuantificadores máis/menos/igual... e tamén cuestións de lectoescritura: escribir unha palabra que comece por C, escribir o nome dalgún compañeiro/a... Ademais tamén tiñamos a opción de "oca oca, tiro porque me toca", o pozo que nos prohibía tirar na seguinte quenda...