mércores, 25 de marzo de 2020

RETO MÉRCORES 25 DE MARZO DE 2020

Bo día!! O reto de hoxe é unha artistada, desas que tantos nos gustan. E que imos facer? Prepararnos para unha sesión de pesca nas nosas casas. Ímosvos explicar:
Colleremos un papel e debuxaremos varios peixes; logo decorarémolos para que sexan os máis coloridos dos nosos mares. Unha vez feitos, recortaémolos e meterémolos nunha taza.
Imaxe extraída de internet
Crearemos unha caña de pescar cunha palliña de plástico. Aspirando aire pola boca coa palliña, comezamos a pescar. Empezamos!! Quen pescará máis? Podedes facer unha competición coa vosa familia e compartir connosco o resultado, así tamén aproveitades para contar, ver quen pescou máis e menos…
Moito ánimo!!

PARABÉNS THIAGO!!

Hoxe Thiago da aula de 6.º de Educación Infantil está de aniversario!! Moitos parabéns!! Agardamos que, pese á situación na que nos atopamos, teñas un aniversario moi especial.


Convidamos aos teus compañeiros e compañeiras a que che fagan un debuxo como acostumamos facer. Poderán enviárnolos ao correo electrónico e publicarémolos aquí para que os vexas e os gardes de recordo.

Moitos biquiños!!

martes, 24 de marzo de 2020

PARABÉNS ERIK E KAYLA

Este segundo trimestre, na aula de 3 anos, están de aniversario Kayla e Erik. Parabéns aos dous!! Agardamos celebralo pronto todos/as xuntos cun biscoito.



Agora unha encarga para os compis!! Animádesvos a facerlles un debuxiño?? Mandádenolo ao correo e subirémolos ao blog para que os garden de recordo.

EN MARCHA O RETO 24 DE MARZO DE 2020

Dani B. xa escribiu varias palabras do libro dos sons. Ben feito campeón!!




Gael está a traballar moito no libro de sons!!!! Fenomenal!!!!



Hugo xa nos mandou a portada do seu libro de sons.

RETO MARTES 24 DE MARZO 2020

Olaa de novo peques do San Luís!! Hoxe vímosvos propoñer dous xogos diferentes, un para as nenas e nenos de 3 anos e outro para os de 4 e 5 anos.
PROPOSTA PARA 3 ANOS
Pedídelle á vosa familia que vos escriba nun papel o nome das persoas da vosa casa. Logo diranvos algunha das vogais e teredes que localizalas. Por exemplo: busca a letra A.
KAYLA
CARLOS
FAUSTINO

PROPOSTA PARA 4 E 5 ANOS
Esta actividade durará dende hoxe ata o fin do confinamento na casa. Primairamente debedes escoitar o conto El ladrón de palabras accedendo á seguinte ligazón:
https://www.youtube.com/watch?v=-hCmF3uFoEs
E a continuación ímosvos dicir o que hai que facer: fabricar un libro de sons, un xogo moi bonito para elaborar estes días en familia e compartir connosco cando volvamos ao cole. Deste xeito traballaremos a conciencia fonolóxica e a lectoescritura de forma lúdica.
Os materiais que precisaredes son:
  • Fotos, recortes de revistas, xornais ou debuxos de obxectos.
  • Folios ou cartolinas.
  • Lapis.
E como facemos o libro?
  • Ao carón de cada debuxo escribirase a letra correspondente ao seu fonema/son inicial. Por exemplo, se temos a imaxe dunha casa poñeremos ao carón a letra “C”. Se temos a imaxe dun balón escribiremos ao seu carón B ou V, pois aínda que se escribe con B, para os peques ambas letras soan igual.
  • Logo para crear o libro empregaredes un método de encadernación sinxelo con algún material que teñades na casa: anillas, lá, fío, lazo...

A partir disto, tedes múltiples variantes para facer: pensar outra palabra que empece por esa letra, buscar a letra minúscula correspondente, contar o número de letras que ten a palabra que fai referencia á imaxe…
Velaquí tedes tamén un xogo interactivo das vogais en maiúscula e minúscula: https://arbolabc.com/juegos-de-vocales/juguemos-con-burbujas-vocales
Se tedes algunha dúbida podedes escribirnos por correo electrónico. Senón, a gozar aprendendo!! Bo martes.

luns, 23 de marzo de 2020

EN MARCHA O RETO 23 DE MARZO DE 2020

Os vosos traballiños están chegando. Aquí vos imos deixando unha mostra:

Dani B.


Nagore



Hugo G. e a súa irmá Carla









Ben feito!! Agardamos máis fotos e vídeos. Graciñas.

RETO LUNS 23 DE MARZO DE 2020

Ola peques!! Que tal estades? Agardamos que ben, coidándovos moito. Hoxe vimos facervos dúas propostas para traballar as formas xeométricas.

  • LOCALIZANDO DIFERENTES FORMAS: debuxade en diferentes papeis un triángulo, un cadrado, un círculo e un rectángulo. Despois colocade ao seu carón diferentes obxectos que teñades pola casa con esas formas. Pensade ben! Seguro que tedes un montón deles.

  • SEGUE O CAMIÑO: coa axuda dun familiar facede no chan distintas figuras ou símbolos. Logo un adulto faravos un plano de como deberedes seguir a ruta. Por exemplo: empezamos no círculo azul, un paso para adiante e pisamos o triángulo vermello... Deixámosvos un exemplo.
Imaxe extraída de internet

E agora... a xogaaar!!! Lembrade compartir connosco imaxes ou vídeos vosos facendo as actividades. Mandádenolos ao seguinte correo: ospequesdesanluis@gmail.com Graciñas!!