Olaa de novo peques do San Luís!! Hoxe vímosvos propoñer dous xogos
diferentes, un para as nenas e nenos de 3 anos e outro para os de 4 e 5 anos.
PROPOSTA PARA 3 ANOS
Pedídelle á vosa familia que vos escriba nun papel o nome das persoas da
vosa casa. Logo diranvos algunha das vogais e teredes que localizalas. Por
exemplo: busca a letra A.
KAYLA
CARLOS
FAUSTINO
PROPOSTA PARA 4 E 5 ANOS
E a continuación ímosvos dicir o que hai que facer: fabricar un libro de
sons, un xogo moi bonito para elaborar estes días en familia e compartir
connosco cando volvamos ao cole. Deste xeito traballaremos a conciencia
fonolóxica e a lectoescritura de forma lúdica.
Os materiais que precisaredes son:
- Fotos, recortes de revistas, xornais ou
debuxos de obxectos.
- Folios ou cartolinas.
- Lapis.
E como facemos o libro?
- Ao carón de cada debuxo escribirase a
letra correspondente ao seu fonema/son inicial. Por exemplo, se temos a imaxe
dunha casa poñeremos ao carón a letra “C”. Se temos a imaxe dun balón
escribiremos ao seu carón B ou V, pois aínda que se escribe con B, para os
peques ambas letras soan igual.
- Logo para crear o libro empregaredes un método de encadernación sinxelo con
algún material que teñades na casa: anillas, lá, fío, lazo...
A partir disto, tedes múltiples variantes para facer: pensar outra palabra
que empece por esa letra, buscar a letra minúscula correspondente, contar o
número de letras que ten a palabra que fai referencia á imaxe…
Se tedes algunha dúbida podedes escribirnos por correo electrónico. Senón,
a gozar aprendendo!! Bo martes.