xoves, 28 de maio de 2020

RETO XOVES 28 DE MAIO DE 2020

Bo xoves!! Xa estamos a piques de rematar a semana 🙊 Hoxe é día de practicar un pouco de motricidade, tanto a fina como a grosa. Vale? Imos aló cos exercicios 💁

FACEMOS UN CANCIÑO  OU PORQUIÑO DE ORIGAMI 🐶🐷
Deixámosvos uns vídeos onde se explica, paso a paso, como facer un canciño e un porquiño. Só precisades un anaco de papel e un rotulador. Animádesvos? 😀 Podedes facer os dous ou o que máis vos guste.



Quen se atreve a inventarlle un nome aos seus animaliños??


CIRCUÍTO PSICOMOTOR 💪💪
Agora deixámosvos un circuíto para facer con cousiñas que tedes na casa. Con el practicaredes salto de obstáculos, salto cos pes xuntos, superar obstáculos marcha atrás, arrastrarse...



Veña que hoxe toca mover o esqueleto!! Estamos seguras de que vos gustará 😊 Biquiños e moito ánimo 😘😘😘

mércores, 27 de maio de 2020

EN MARCHA O RETO MÉRCORES 27 DE MAIO DE 2020

Xa están chegando os vosos traballiños sobre as ovellas!! Mirade mirade 👀 Vemos que entendestes perfectamente o proceso de esquilado 🐑 que sodes uns cracks das matemáticas e uns super artistas 😍😍 Parece que a experiencia de pintar coa boca e os pés foi divertida, non? 😀😂

Lucía






































Betza






Dani A.










Dani B.









Xoán










Gael














Hugo H.







Nagore










RETO MÉRCORES 27 DE MAIO DE 2020

Bo mércores a todos e a todas!! Que tal estades? Como xa rematamos co material das Letras Galegas, imos retomar o tema dos animais. Apetécevos? 🐂🐄🐇🐎🐑🐓

Lembrades o vídeo de como se esquilan as ovellas?? Por se non o vistes o luns, deixámosvolo de novo, vale?



Agora que xa o vistes, imos ordenar o proceso de esquilar as ovellas. As fotos que vos amosamos a continuación están desordenadas!! Seredes quen de dicir en que orde ocorren?



Os nenos e nenas de 3 anos podedes gravar un vídeo dicindo cal é a súa orde.

Os nenos de 4 e 5 anos, podedes escribir, en orde, unha frase correspondente a cada imaxe, explicando o motivo polo que pensades que temporalmente ocorren así.


Velaquí tedes un cadro de Álex Colville onde aparecen unhas ovellas. Imos poñer en marcha o noso enxeño matemático. Observádeo con detemento e respondede ás preguntas que aparecen abaixo:


🐑 Cantas ovellas aparecen?
🐑 Cantas orellas ten cada ovella?
🐑 Se cada ovella ten dúas orellas e hai 3 ovellas, cantas orellas hai en total?
🐑 Cantas patas ten cada ovella?
🐑 Se cada ovella ten 4 patas e hai 3 ovellas, cantas patas teñen en total?
🐑 Conta os rabos das 3 ovellas. Cantos hai en total?


Agora para rematar, ides debuxar dúas ovellas. Sabedes como o ides facer?? De dúas formas distintas: unha das ovellas ides facela co lapis na boca e outra co lapis no pe. Animádesvos??

Cosas De Niños Niña Intentando Dibujar Con Lápiz En La Boca Foto ...

Seguro que quedan unhas ovellas moi graciosas 😂😂 Animádevos e mandádenos fotos 📷📷

martes, 26 de maio de 2020

EN MARCHA O RETO 26 DE MAIO DE 2020

Estannos empezando a chegar as medallas que creastes e están superchulas!!! 😍 Son uns deseños moi orixinais cargados de soños e ilusións!! 😀 E estamos seguras de que sodes merecedores e merecedoras destas e outras moitas máis medallas!!! 👏👏

Dani B.




Dani A.













Lucía





























Xoán

























Betza






























Hugo G.












Hugo H.



Nagore