Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 4anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
venres, 11 de xuño de 2021
Plantando herbas aromáticas
Unha vez mais fomos á nosa horta plantar, concretamente o mércores.
Desta vez tocou plantar herbas aromáticas: tomillo, ourego, albahaca e manzanilla.
Eso sí, antes de empezar quitamos as malas herbas que xa medraran ben desde a última vez.
O noso espantallo está a facer moi ben a súa labor, ningunha planta desapareceu e os amorodos están ben maduriños e nada comestos dos paxaros, na próxima xornada tocará recollelos e porsuposto degustar os primeiros froitos da nosa plantación.
Uuummm... xa se nos fai a boca auga.
Ollade que ben nos foi.
luns, 7 de xuño de 2021
Eber cumple 5 anos
Neste fin de semana estivo un amiguiño de aniversario e hoxe festexámolo todos xuntos na aula.
Parabéns Eber.
XOGANDO COA CIENCIA EN 6º DE EI
Entrado o mes de xuño na clase de 6º de EI decidimos xogar coa ciencia, cunha botella de plástico, unha palliña, un globo, auga, colorante e unha pistola de silicona fixemos unha pequena fonte na clase. Querédelo ver? Pois velaí vos vai unha pequena mostra do que aconteceu na clase
Días máis tarde animámonos a facer outro experimento moi coñecido, que pasa se misturas Coca-cola cuns carameliños mentos?? Quixémolo comprobar nós mesmos na clase, queredes saber que pasou? pois aquí tedes unha pequena mostra, para a semana que ven queremos repetir a experiencia encantounos!! Eso si, estas cousiñas hainas que facer sempre baixo a supervisión dun adulto porque poden chegar a ser moi perigosas💣💥😲
mércores, 2 de xuño de 2021
Un espantallo para a horta.
Lembrádesvos que na nosa horta desaparecera algunha que outra cousa das que plantaramos?
A partir de hoxe ningún intruso se atreverá a poñer o pé ou a pata na horta, xa que os nen@s de 4 anos demos vida a un espantallo o que vixiará día e noite e tamén velará para que nas hortas veciñas algún que outro larpeiro se dea un banquete sin ser convidado.
luns, 31 de maio de 2021
Hugo cumple 5 anos
Hoxe estivo de aniversario o noso amigo Hugo, cumpliu nada mais e nada menos que 5 aniños.
Que maiores estamos.!!
Parabéns Hugo!!
sábado, 29 de maio de 2021
Como medran os nosos bulbos
Acordádesvos que en xornadas anteriores plantaramos uns bulbos de flores?
Algúns están comenzando a xerminar.
Outros correron mais e xa medraron o seu.
Dentro de pouco esperamos que florezan, da gusto ver as nosas macetas.
Cos coidados que lles proporcionamos seguramente vexamos pronto algunha flor.
CANTO SABEMOS XA DE MARROCOS!!!
Estes días estivemos recopilando toda a información que fomos recollendo ao longo destes dous últimos trimestres sobre Marrocos, categorizámola e despois gravamos un vídeo recordando todo o aprendido. Foi todo un pracer poder coñecer o país das nosas compañeiras, Khaoula e Douae 💗💚💛💜💙
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





