venres, 3 de setembro de 2021

REUNIÓNS INICIAIS


Estimadas familias:

O próximo xoves día 9 comezamos a clase pero antes diso imos ter unha reunión con vós. Nos próximos días, indicarémosvos a data, hora e lugar de dita reunión.

Ata pronto!!

xoves, 24 de xuño de 2021

O FIN DUNHA ETAPA...

O martes 22 de xuño a clase de 6º de EI estivo de celebración xa  que poñían fin a unha etapa para comezar outra nova. Nestes vídeos vai unha pequena mostra do que aconteceu neste acto, que por mor da pandemia tivo lugar na clase e sen público, por iso o compartimos con tod@s a través do Blog. 








Ese día levamos un diploma e unha orla de recordo!!



A continuación podedes ver un pequeno vídeo resumo do noso paso por Educación Inantil:   

       

O máis valioso da vida non é o que temos, senón a quen temos.

Moitas grazas a todos e a todas nos que nun momento ou outro deste bonito camiño nos atopamos e compartimos un montón de vivencias, experiencias, apoio e amizade!

Moita sorte!!!


martes, 22 de xuño de 2021

ANIVERSARIOS DE VERÁN E FIN DE CURSO

Bo día familia!! Logo duns meses de traballo, esforzo, ilusión, xogos e momentos compartidos cos amigos, amigas, mestres e mestras no colexio, damos por rematado este curso. Sen dúbida foi un curso diferente, marcado polas esixencias da pandemia. Aínda así, foron meses especiais e que sempre gardaremos para o recordo 😊

Pese a ser o noso primeiro ano no colexio, traballamos moito moito e, estes días, estivemos preparando as bolsas para levar os traballiños do último trimestre, as postais coas nosas fotos... así que deixámosvos un pequeno vídeo para que nos vexades 👀

Hoxe, coincidindo co festexo na aula do final do curso, celebramos os aniversarios do verán pois Mauro, Bruno e Aitana están de cumple en xullo 🎈🎉🎁 Parabéns por adiantado!! Agardamos que gozásedes moito do festexo que fixemos no cole 😍

Gustaríanos facer un recoñecemento a todos os nenos e nenas que, pese a ser tan pequeniños/as, fostes uns campións e campioas durante todo o curso 🏆🏆. Fostes exemplo para todos nós resistindo as máscaras, intentando non falar cando merendabamos, sendo constantes no lavado de mans e desinfección. Agardamos que, máis pronto que tarde, poidamos abrazar como non o fixemos este curso, bicarnos e poder sorrir sen unha máscara. Polo de pronto, toca ser prudentes e coidarse moito!!

BO VERÁN E BOAS VACACIÓNS 🌞 Vémonos en setembro!!


"Qué bonito es saber que siempre estás ahí, quiero que sepas que, voy a cuidar de ti. Que bonito es querer y poder confiar, afortunado yo por tener tu amistad" (Canción "Qué bonito es querer" de Manuel Carrasco)

Aniversarios verán

Un curso mais chega ao seu remate. Foi un curso cheo de moitos e bos momentos e non queriamos rematalo sen festexar os aniversarios do verán. Unha xornada de festa por todo o alto. Ollade que ben o pasamos.

aniversarios verán.mp4 from Infantil on Vimeo.

Saída ao Bosque do Añón

Para rematar o curso 2020/21 os nen@s de Infantil fixemos unha saída ao Bosque do Añón. Mirade que ben o pasamos nesta emocionante xornada.

Paseo ao Bosque do Añón.mp4 from Infantil on Vimeo.

venres, 18 de xuño de 2021

CONTAMOS AS LETRAS DOS NOSOS NOMES E MEDIMOS OS PES

Durante este curso comprobamos que os números están moi presentes no noso día a día. Grazas aos números sabemos cantas letras teñen as palabras, números de teléfono, matrículas de coches, o tamaño dos nosos pes... así que hoxe decidimos coller unha regla e mirar canto medían os nosos pes. Que ben o pasamos!! Gustounos moitísimo usar a regla, tanto que despois de acabar esta actividade, fixemos raias con ela.

REPASAMOS OS NÚMEROS CO OZOBOT

Onte, as nenas e nenos de 3 anos, estivemos repasando os números 1, 2 e 3 coa axuda dun robot. Sabedes como se chama? Ozobot, e camiña por encima de liñas. Primeiro, adiviñamos cal era cada número e, despois, contamos pompóns e depresores de cores e situámolos xunto ao número correspondente.

Mirade que ben o facemos 😍