Hoxe queremos amosarvos a festiña que fixemos no cole polo aniversario de Rogeliño 💓 Moitos parabéns amiguiño!!! Agardamos que disfrutes moito dos teus 4 aniños 🎁
💓 Querémoste moito 💓
Hoxe queremos amosarvos a festiña que fixemos no cole polo aniversario de Rogeliño 💓 Moitos parabéns amiguiño!!! Agardamos que disfrutes moito dos teus 4 aniños 🎁
💓 Querémoste moito 💓
Ao longo dos días, na aula de 5.º de Educación Infantil realizamos moitos xoguiños que nos axudan a aprender. Desta volta queremos ensinarvos un co que traballamos cuestións de lóxica-matemática. Mirade mirade 👀
Ademais queremos amosarvos a nova decoración da porta da nosa aula. Como ao longo do curso imos traballar a igualdade relacionado coa temática do circo, quixemos disfrazarnos das persoas que nel traballan 😍
Fai uns días, na aula de 5.º de Educación Infantil, realizamos outra actividade do proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet". Estamos tan atarefados co Samaín, o proxecto dos volcáns e outras propostas que tiñamos este vídeo sen subir ao blog.
Esta actividade titúlase "Circarte" e con ela aprendemos que tanto homes como mulleres poden realizar todas as profesións, todas as actividades que desexen...
"A igualdade de xénero ten que ser unha realidade vivida" Michelle Bachellet
Este 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas e na aula de 5.º de Educación Infantil fixemos unha actividade que nos propuxo Fidalgo. Debiamos levar o BeeBot dende a portada dun dos nosos libros favoritos ata unha das súas ilustracións. Como nos gustou esta proposta!! 😍😀
Premede aquí e veredes o noso vídeo no blog da Bibliosanluís:
https://equipobibliosaluis.blogspot.com/2021/10/24-de-outubro-dia-das-bibliotecas.html
Aí tamén podedes ver os traballiños dos nosos compañeiros e compañeiras.
Como xa sabedes, estamos na estación do outono 🍂🍁🍃 No patio hai moitas follas caídas, noces... así que na aula de 5.º de Educación Infantil decidimos facer unha manualidade moooooi especial. Usando caixas de cartón elaboramos un fermoso cadro para a nosa aula. Queredes ver que chuli nos quedou? 😍😍
Moitas grazas familias por aportar as tapiñas das caixas 😊 Agardamos que vos guste o resultado final!!
Onte, o noso compañeiro David estivo de aniversario e hoxe fixemos a festiña no cole 🎈🎉🎁 Que ilusión celebrar o primeira festiña deste curso 😊 Felices 4 aniños!! Querémoste moito 💓
Ola a todos e a todas!! Aquí estamos de novo as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil para amosarvos un volcán que estivemos a facer estes días. É moooooooi moi grande, moito máis alto ca nós 😀 Como sabedes, a raíz da erupción do volcán Cumbre Vieja, estamos estudando moito sobre el e contarémosvos que xa sabemos un montón de cousas: