venres, 26 de novembro de 2021

25N: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Onte, 25 de novembro, celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Queredes ver que fixemos para celebralo? Mirade este vídeo da aula de 5.º de Educación Infantil 👀

Que vos pareceu a instalación? A nós gustounos moito o resultado final 😍 Con ela quixemos representar dúas cousas: por unha banda, cos zocos (que fixeron as nenas e nenos de 1.º de Educación Primaria) que todos e todas camiñamos xuntos cara a igualdade. Por outro lado, coas regadeiras das que colgan pingas con palabras fermosas esperamos que nos empapen de valores para loitar contra as desigualdades 💪💪

Ademais, traballamos o conto El elefante encadenado. Con el aprendemos que todos e todas podemos liberarnos desa estaca á que calquera de nós pode permanecer atado/a. Agardamos que, unidos/as, avancemos no camiño da igualdade. Se queredes escoitar esta historia, premede na portada do libro para ver un contacontos.

ANIVERSARIO GAEL

Onte, 25 de novembro, o noso amigo Gael estivo de aniversario e, como non, tivemos festa na clase. Moitos parabéns!! 👏👏 Xa tes 4 aniños🍰🎈🎉🎁

Querémoste 💓💓

martes, 23 de novembro de 2021

PARABÉNS PABLO

Onte, o noso amiguiño Pablo soprou a candea do número 4. Que maior!! Moitos parabéns 🎈🎁🍰 Agardamos que gozases moito na festiña do cole 😍

Querémoste moito 💓

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O venres celebramos no colexio, o Día Universal da Infancia e, na aula de 5.º de Educación Infantil, aprendemos que todos os nenos e nenas temos dereito a ter un nome, a ter unha familia, a xogar, a ir ao médico, temos dereito á educación... 

Aproveitamos para relacionar o tema co proxecto do circo, así que reflexionamos sobre como era a educación alí. Ollade as nosas reflexións 👀

Unha vez compartimos as nosas ideas, vimos un vídeo que nos explicaba un pouquiño sobre unha escola do circo 🎪

Logo de ver o vídeo, volvemos falar sobre o tema:

  • Iker e Gael pensan que todos os nenos e nenas do circo teñen a mesma idade.
  • Bruno, en cambio, di que hai nenos grandes e pequenos.
  • A Mauro chámalle a atención que no circo falan castelán e que xogan ao fútbol.
  • Iker e Mauro fíxanse en que hai dúas gemelas e que son dúas chicas guapas.
  • Comprobamos que nese cole do circo só hai un mestre.
Ademais disto, para celebrar o Día Universal da Infancia, tamén fixemos unha proposta de Fidalgo. Decoramos un pétalo co nome dun dereito e elaboramos, entre todas as clases do cole, unha flor🌸



Se pulsades na seguinte imaxe, accederedes ao Blog da Bibliosanluís, onde podedes ver un fermoso vídeo 😍

domingo, 14 de novembro de 2021

XOGAMOS COAS CARTAS DE NÚMEROS E LETRAS

Estes días na aula de 5.º de Educación Infantil estivemos traballando cunhas cartas novas de números e letras ás que lle atopamos moitas posibilidades 😃 Queredes ver canto xogamos e aprendemos con elas? Ollade este vídeo 😍

venres, 12 de novembro de 2021

O NOSO VOLCÁN ENTRA EN ERUPCIÓN

Boa tarde a todos e a todas!! Hoxe, dende a aula de 5.º de Educación Infantil, queremos amosarvos un experimento que realizamos e co que simulamos a erupción do volcán. Con moita pacencia e esforzo, preparamos o noso volcán con plastilina e tamén a súa contorna con plataneiras, herba, casas... Mirade, mirade 👀

Cando xa o tiñamos feito, realizamos o experimento, así como tamén explicamos para todos e todas vós todo o que aprendemos con este proxecto.

Nenos e nenas, as mestras e mestres queremos dicirvos que estamos moi orgullosos/as de vós 😍 fixestes un magnífico traballo 💓 Parabéns!! 👏👏

Yeraik cumple 5 anos.

No día de hoxe Yeraik cumple 5 anos. Agardamos que o pasaras moi ben na túa festa. Parabéns Yeraik!!!