sábado, 26 de febreiro de 2022

O ENTROIDO NA AULA DE 5.º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Que días tan divertidos no cole, disfrazarnos encántanos!! 😍 Este ano, celebramos o xoves de compadres, o xoves de comadres e onte disfrazámonos de paiasos e paiasas en relación con noso proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet". Aquí podedes ver un vídeo 💗🎪🎈🎉

Moitas grazas a todas as familias pola vosa implicación e por facer posibles estes días tan especiais 💖

Ademais, fixemos unha videochamada cun paiaso da Asociación Galiclown. Que ilusión!! 😍😀 Fíxonos un trunquiño de maxia, falou con nós, ensinounos o seu gatiño e incluso lle fixemos algunha pregunta pois tiñamos cursiosidade por saber se vivía no hospital. Moitas grazas por permitirnos esta oportunidade tan marabillosa e gratificante 💕








23 de febreiro: Día de Rosalía

Esta semana, celebramos o Día de Rosalía e, as nenas e nenas de 5.º de Educación Infantil axudáronlle a Fidalgo (a mascota da biblioteca) a atopar un libro perdido. Que marabilla de xincana 👏👏 Grazas Fidalgo por contar con nós para esta misión!! 😍


Ademais, tamén fixemos unha exposición co título "Rosalía do circo", relacionando esta conmemoración co noso proxecto anual "Baixo a mesma carpa de crochet". Que persoa do circo lle gustaría ser a Rosalía de Castro? Pensamos e debuxamos 💖

SELECCIONAMOS PÁXINAS INTERESANTES DOS LIBROS

Tiñamos pendente ensinarvos que, as nenas e nenos de 4 anos, seguimos traballando sobre os animais da nosa contorna: a toupa, o xabaril, o raposo e o ourizo. Estes días de atrás, estivemos seleccionando e marcando aquelas páxinas dos libros informativos que nos ían resultar de utilidade para aprender sobre eles.











Posteriormente, lemos a información e clasificámola:




Á volta das vacacións de Entroido, seguiremos traballando sobre isto 😀

domingo, 13 de febreiro de 2022

AS REGRETAS EN 5.º EI

Esta semana na aula de 5.º de Educación Infantil, introducimos un novo material: as regretas. Son pezas de diferentes cores e, cada cor, representa un número do 1 ao 10.

O primeiro que fixemos foi elaborar, entre todos/as, unha plantilla onde as debuxamos en orde ascendente, así como elaboramos as nosas escaleiras colocando as peciñas por orde. Posteriormente, manipulámolas libremente facendo carreteras, torres, letras, números... Continuaremos traballando con elas, pois axudarannos a aprender moitos conceptos matemáticos😀

OS KANDINSKYS DO SAN LUÍS

Na aula de 5.º de Educación Infantil, estivemos a traballar estes días cun cadro de Kandinsky.


Grazas a el, traballamos numerosos conceptos como:

  • Formas xeométricas: rectángulo (base do cadro), cadrado e círculo.
  • Tamaños grande/pequeno.
  • Conceptos encima/debaixo á hora de pegar os círculos.
  • Conceptos dentro/fóra.
  • Concepto igual/diferente.
  • Practicamos o manexo da tesoira.
  • Repasamos as cores.
  • Contamos o número de cadrados e de círculos.

Velaquí o resultado final das nosas artistadas 😍💖

venres, 11 de febreiro de 2022

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Proximamente estará aberto o prazo de admisión para alumnado de nova incorporación. Se desexades coñecernos, achegádevos ao noso colexio o luns 21 ou o xoves 24 de febreiro de 16.00h a 18.00h ou, se preferides outro horario, chamade ao 881880415.



martes, 8 de febreiro de 2022

PROXECTO: AS ABELLAS

Na aula de 5 anos arrincamos con un novo proxecto: "As abellas". Na posta en común de que sabemos das abellas sairon cousas ben interesantes: como que hai unha abella raiña e que é grande, que viven nas colmeas, que teñen un aguillón co que pican...
Pero tamén temos moitas curiosidades e.... Que queremos saber das abellas?
Posteriormente xurdiu a cuestión de:Dónde podemos buscar información acerca deste tema?. As respostas foron en internet, nos libros..., así que a primeira visita foi á biblioteca en busca de libros sobre a temática en cuestión.