mércores, 30 de marzo de 2022

OS NENOS/AS DE 5.ºEI SAÍMOS EN BUSCA DE TOUPEIRAS

Na aula de 5.º de Educación Infantil estamos rematando o noso proxecto sobre os animais da contorna. Dado que estamos tan interesados/as no tema, todo nos recorda aos animais que estamos estudando!! 😀

Contarémosvos que no desfile do Entroido, pasando polo xardín do San Martiño, ao ver as toupeiras berramos: toupas, toupas!!! Non podiamos desaproveitar a ocasión e rematar o proxecto sen achegarnos ata alí para observar as toupeiras, recordar o aprendido e recoller un pouco de terra para complementar o noso estudo 🐀🐭.

Velaquí vos deixamos un resumo da saída😍

martes, 29 de marzo de 2022

Cenoiras da nosa hortiña.

Coa chegada da primavera e do bo tempo queremos retomar a nosa labor no horto que o tiñamos un pouco abandonado despois dun longo inverno. Preséntasenos unha dura labor para poñelo a punto xa que hai moita herba mala, pero nada imposible para nós, estamos desexando poñernos a elo, darlle o sacho e volver a plantar. Eso sí, a primeira tarefa antes de nada foi apañar as cenoiras que plantaramos o curso pasado. Non nos foi tan mal, velaquí os resultado. Ollade que cenoiras máis fermosas e tamén algunha que outra cebola e pataca. Aínda nos deron para un pequeno petisco.

Proxecto "As abellas". Parte II

Seguimos avanzando no noso proxecto das abellas. Ollade o que estivemos facendo ao longo destas semanas.

21 de marzo. Día da árbore e da poesía.

O 21 de marzo celebramos o día da árbore e da poesía. Mirade que ben o pasamos.

8 MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo celebramos o "Día Internacional da Muller". Inmersos no proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet", aproveitamos para coñecer a unha gan muller "Antoinette Concello". adicada en corpo e alma ao circo subida a un trapecio. Convidámosvos a coñecela.

mércores, 23 de marzo de 2022

INTERCAMBIO DE 5.°EI CO CEIP A CRISTINA

Dende os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio e do CEIP A Cristina, propúxosenos facer unha actividade en colaboración coa súa aula de 5.° Educación Infantil. Comezamos por facer un vídeo de presentación noso e ensinámoslle a nosa aula. Eles tamén nos enviaron un vídeo onde nos explicaron o seu recuncho favorito: os mininundos. Que chulada!! 👏👏

Encantounos esta experiencia e esperamos que máis adiante poidamos facer algún encontro presencial para coñecernos en persoa e seguir compartindo momentos 😍

Deixámosvos aquí o vídeo que elaboramos con tanto cariño para enviarlles. Seguro que a vós, familias, vos vai encantar ver como os peques explican que hai na nosa aula 😃

ANIVERSARIO HUGO

Unha volta máis ao sol para Hugo, hoxe está de aniversario!! 🎁É o maior de toda a clase, xa ten 5 anos!!! 🎈🎂 MOITOS PARABÉNS AMIGUIÑO!! Querémoste moito 💗