martes, 28 de febreiro de 2023

Aarón cumple 4 anos

Hoxe celebramos que o noso amigo Aarón xa ten 4 aniños. Grazas por compartir connosco unha merendola tan rica. Agardamos que o pasaras moi ben. Parabéns!!!

sábado, 25 de febreiro de 2023

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Proximamente, estará aberto o prazo de preinscrición para o curso 2023/2024. Estás pensando en matricular ao teu fillo/a no noso cole? Vén coñecernos!! 😀😍


Disfrazamos a Elmer

Na aula de 6.º de Educación Infantil, estiveron estes días a disfrazar a Elmer coa mestra de inglés 🎭

O entroido en 4º de Infantil

Velaquí uns retais do entroido vividos polos nenos e nenas de 4º de Ed,. Infantil. Agardamos que vos guste!!!

venres, 17 de febreiro de 2023

O ENTROIDO EN 6.ºEI

A semana do 13 ao 17 deste mes de febreiro, foi de festexo total!! 🎈🎉🎊 No colexio celebramos a III Semana do Corazón e o Entroido.

🎭Seguimos os mandados do Xestal

🎭Celebramos o Entroido disfrazándonos sobre a temática do PDI da biblioteca e do Plan Proxecta. No noso caso, o noso disfrace foi de fresas, conxuntamente cos amiguiños e amiguiñas de 3 e 4 anos 🍓Fixemos un percorrido polas rúas de Carballo, tomamos sobremesas de Entroido aportadas polas familias, chocolatada a cargo da ANPA... Moitas grazas!!

🎭Deseñamos antifaces e capas de Entroido, deixando voar a nosa creatividade e imaxinación, que temos moita!!

SAÍDA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

O pasado 31 de xaneiro, o alumnado de Educación Infantil fomos de excursión ao Museo de Historia Natural situado Santiago de Compostela. Alí vimos un montón de animais e aprendemos moitas cousas que non sabiamos 😃 que divertido!!

Aproveitamos que facía un día sol marabilloso 🌞 para xantar na Alameda, fotografiarnos coas Marías, visitar a Catedral e a Praza do Obradoiro, pasear por algunhas rúas moi coñecidas como a rúa do Franco... en resumo, un gran día cunha gran compañía!! 💖

"Xogando coas figuras xeométricas"

Nestes días estivemos xogando coas figuras xeométricas, círculo, cadrado, rectángulo e círculo. Ollade como deixamos voar a nosa imaxinación e construimos o que para uns eran trens , camións, tractores, casas, árbores.... E vós qué vedes?
Deixámosvos o enlace tamén da nosa canción favorita " La ronda de las figuras geométricas".