xoves, 30 de marzo de 2023

EXPERIENCIAS MANIPULATIVAS E SENSORIAIS DO PROXECTO "OS TESOUROS DO MEU CORPO"

Remata o 2.º trimestre e con el, na aula de 6.º de Educación Infantil, rematamos o noso proxecto "Os tesouros do meu corpo". Ademais de rexistro de datos e información, levamos a cabo diferentes experiencias manipulativas e sensoriais que nos encantaron 😍

Velaquí vos deixamos un vídeo resumo 👀


Sen dúbida, o éxito absoluto foi a estación de análises de sangue na tuff tray 😀


Tamén nos gustan moito as botellas sensoriais e estamos desexosos e desexosas de levalas para as casas pero imos deixalas no colexio uns días máis para levar ao Salón do Libro de Carballo no mes de abril 😊

sábado, 25 de marzo de 2023

OICHES!!!!....... O POEMA DOS NENOS E NENAS DE 5º DE E.I.

Na clase de 5º de EI aproveitamos  o día 21 de Marzo, que foi o Día Internacional da Poesía, para denunciar a situación que estamos a vivir a diario no noso colexio a través dun poema inventado por nós: hai xente que pasea aos cans pola contorna do centro e non recolle as cacas!!! Estamos cansos/as de pisar as cacas e ter que limpar os zapatos un día si e outro tamén, xa está ben!!! O que ten unha mascota ten que saber que ten unha responsabilidade e que debe ter un mínimo de concienciación cidadá. Agardamos que con este poema fagamos reflexionar a este tipo de xente irresponsable, e por fin  fagan o favor de recoller e tirar as cacas ao lixo. No seguinte vídeo podedes ver o poema e un vídeo de como o recitamos👀👂😋

luns, 20 de marzo de 2023

domingo, 19 de marzo de 2023

Proxecto "Os pitiños".

Nestas semanas estivemos avanzando no noso proxecto e coñecendo cousas sobre o noso amiguiño Pepe e a súa familia, como por exemplo quen é o seu papá e a súa mamá, qué comen, cantos ovos pode poñer unha galiña, as diferentes razas, donde viven....
Deixámosvos enlace á cancion de "La gallina Turuleca" que tanto nos gusta.

8 M. DíA DA MULLER.

O 8 de marzo foi o día da muller,  e na aula de 3 anos fixemos homenaxe ás mulleres da nosa vida,aquelas que nos coidan e protexen todos os días "AS NOSAS MAMÁS". 

Velaquí o retrato de cada unha delas, Querémosvos moooiiitoooo!!!


sábado, 18 de marzo de 2023

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Onte celebramos o Día da Muller e a Nena na Ciencia porque forma parte dun dos obxectivos que pretendemos co proxecto da biblitoeca titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos" neste 2.º trimestre. Para iso acompañáronnos pola mañá un grupo de 5 investigadoras que traballan no CHUS.

As nenas e nenos de Educación Infantil participamos en 3 obradoiros que nos encantaron!! Aprendemos que Galicia está na vangarda da investigación oncolóxica porque nos axudan a conseguir un diagnóstico máis temperá e un tratamento eficaz e personalizado.

Estámosvos enormemente agradecidos/as polo tempo que nos dedicastes!! 💜💜💜💜💜

venres, 17 de marzo de 2023

8M EN 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL: ORNITÓLOGAS, AS MULLERES QUE PROTEXEN E ESTUDAN ÁS AVES.

Unha vez máis Ratiño deixounos información moi valiosa sobre as aves, desta vez fixo posible que recoñecesemos o valor de mulleres que protexeron e estudaron as aves ao longo da historia. O 8 de Marzo deixounos na clase uns prismáticos e as imaxes das citadas ornitólogas. Velaí unha pequena mostra de todo o que fixemos💜