venres, 19 de xuño de 2020

BO VERÁN E BOAS VACACIÓNS

Hoxe, venres 19 de xuño, damos por finalizado este curso 2019-2020 que resultou ser tan especial e diferente para todos nós, tanto nenos e nenas, familias como mestres e mestras. Non foi sinxelo afrontar este tempo de confinamento pero xuntos lográmolo a costa de esforzo e empeño, por iso non podemos deixar de recoñecérvolo. Moitas grazas peques e moitas grazas familias 💓 Este diploma vai por vós 🏆


Os traballiños xa están empaquetados e nas vosas casiñas 😊😀


Pese ás circunstancias complexas que todos/as tivemos que vivir, non queremos deixar que iso tape ou deixe nun segundo plano todo o que compartimos xuntos: aprendizaxes, risas, choros, xogos, bailes, excursións... así que deixámosvos uns recordos 📷

PARA OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS


PARA OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS




PARA OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS


Toda graduación ten unha orla, así que aquí tedes a vosa 😊

E aquí podedes ver as vosas fotiños cos birretes, mirade que guapos estades todos/as!! 😍😍
Boa viaxe a primaria 🚀

Botade un pouquiño de menos o cole, aos amiguiños/as e aos mestres/as 🙊 Boas vacacións e bo verán 🌞 Querémosvos moito 💓



P.D. Se mirades a entrada de onte do blog BIBLIOSANLUÍS da biblioteca, podedes ver uns telexornais que fixemos sobre unhas mulleres fotógrafas con motivo do Día Internacional da Muller. Como o coronavirus nos colleu en plena gravación, non todos os cursos os fixemos e por iso estaban sen publicar pensando en que isto non ía ser tan duradeiro. Se accededes á seguinte ligazón, podedes velos. Os dous primeiros son dos peques de Educación Infantil: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/06/telefidalgo-presenta.html

Lembrade tamén mirar a súa última entrada pois nela atoparedes unhas recomendacións de lecturas para o verán 🌞http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/06/boas-vacacions-non-deixedes-de-sonar.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario