martes, 5 de outubro de 2021

PROXECTO OS VOLCÁNS

Fai uns días, algo aconteceu na aula de 5.º de Educación Infantil. Tiñamos un montón de dúbidas e curiosidades de algo que todas e todos viamos na tele, no móbil, nos xornais... Que era iso dun volcán?, estaba en Carballo?...

Coñeciamos palabras como lava, explosión, fume, volcán, terremoto... pero tiñamos as ideas pouco claras. É por isto que non atopamos mellor ocasión para mergullarnos no que será o noso primeiro proxecto na clase dos medianos (xa non somos peques de 3 pero tampouco tan grandes como os de 5 🙊) e onde imos estudar OS VOLCÁNS.

Deixámosvos aquí unha pequena mostra do que estivemos facendo ata o momento e agardamos que nos acompañedes neste camiño. Seguro que todos/as xuntos aprenderemos mooooooito moito sobre este tema!! 

Xa que estamos, facémosvos unha invitación, familias 😊 Se tedes algún xornal con noticias sobre o volcán, algunha imaxe, algún libro... non dubidedes en compartilos con nós. Coidaremos moito os materias que nos aportedes e devolverémosvolos unha vez rematemos o proxecto. Grazas 💓

Ningún comentario:

Publicar un comentario