Onte, 3 de decembro, celebramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Ao longo destes días, en 5.° de Educación Infantil, estivemos coñecendo a Adiaratou Iglesias Forneiro, unha atleta galega que tivo o seu recoñecemento nos Xogos Paralímpicos. Grazas Adi por ensinarnos tanto coa túa historia de superación 💓
Queredes ver as propostas destes días? Mirade o seguinte vídeo 😍
A continuación deixámosvos algúns dos vídeos que estivemos vendo estes días e que nos axudaron a reflexionar sobre a importancia do esforzo, o respecto, a comprensión, a tolerancia... Viva a diversidade!! 💓💙💚💛💜
Se picades no seguinte enlace, accederedes ao blog da Bibliosanluís onde podedes ver un vídeo sobre o Día da Discapacidade en todo o colexio:
Ningún comentario:
Publicar un comentario