venres, 20 de xaneiro de 2023

AGASALLANDO APERTAS!!

 Mañá 21 de Xaneiro celébrase o Día Internacional dos Abrazos, por iso na clase de 5º de EI quixemos adiantarnos a festexar este día, a mellor maneira de facelo foi agasallando apertas entre nós. Para comezar observamos distintas obras de arte onde se podían ver abrazos, despois "filosofeamos" sobre elas e a través de imaxes comprobamos que os animais tamén se abrazan entre eles.

Despois fixemos dous xogos: 

1º-  tiñamos unhas tarxetas dentro dunha caixa que nos indicaba como dar os abrazos: unha aperta e chocar as cinco, unha aperta longa, unha aperta e unha volta...

2º- mentres sonaba unha música tiñamos que bailar e no momento que se paraba a música tiñamos que atopar a alguén para abrazarse

Falamos sobre os beneficios de abrazarse que son moitos: eleva a autoestima, xenera confianza e seguridade, reduce o estrés e a ansiedade, mellora o estado de ánimo, reduce o risco de padecer demencia, rexuvenece o corpo e a alma, relaxa os músculos, reduce a presión arterial, mellora o sistema inmune...Pero o que sempre hai que ter en conta é  asegurarse que a persoa á que se quere abrazar o tolere e non darllo á forza, podemos preguntar antes. 

Despois escoitamos o conto "El abrazo" 


Ningún comentario:

Publicar un comentario