Alí nos atopamos con algo parecido a unha caixa negra con cables, un cartón que poderia ser de ovos e unha carta ¿ que será, será?.....
Pois sí, nada máis e nada menos que unha incubadora que nos prestou encantado o granxeiro da granxa de onde veu o polo Pepe e un cartón con ovos das súas amigas as galiñas e uns máis pequeniños que a algún que outro lle parecían de chocolate pero finalmente eran de codorníz.
Así o contaba na carta que nos escribiu o polo Pepe, coñecedor das nosas ganas de ter pitiños non o dubidou máis e quixo sorprendernos, e vaia se o logrou.
Atentos as instrucións e coidados que requiren os ovos ata eclosionar comenzamos co proceso:
1. Poñer a quentar entre 2-3 horas a incubadora.
2. Proporcionar a humidade precisa aos ovo, polo que temos que encher un cacharriño con auga e revisar diariamente os seus niveis. IMPORTANTE, o polo Pepe recalcounos que nunca pode estar sen auga.
Colocar os ovos e agardar....... nada máis e nada menos que...... 21 días para que nazan pitiños.
Xa vos iremos informando!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario