mércores, 21 de xuño de 2023

ÁS NENAS E NENOS DE 6.ºEI

Hoxe rematan 3 anos marabillosos onde compartimos moitos momentos xuntos/as. A COVID-19 non nolo puxo nada sinxelo desde que comezamos pero conseguimos saír airosos e co mellor dos sorrisos. Por sorte, este curso puidemos gozar de todos eses sorrisos que as máscaras tiveron ocultos durante dous anos, de momentos compartidos, de aniversarios con tartas, de apertas, bicos...

Rematamos unha etapa e comezamos outra, igual que moitas que ides rematar e comezar ao longo da vosa vida. Agardo que persigades sempre os vosos soños e que voedes moi alto. Podedes conseguir todo o que vos propoñades 💕

Grazas por permitirnos o luxo de gozar de vós todo este tempo 💖 Que sempre vos acompañe a alegría que vos caracteriza e a curiosidade por seguir aprendendo 😍 Na Educación Infantil sempre teredes unha man que vos axudará no que precisedes 😍


"O futuro pertence a quen cre na beleza dos seus soños" Eleanor Roosevelt

Ningún comentario:

Publicar un comentario