luns, 26 de decembro de 2022

DÍAS DE NADAL EN 5º DE EI

Nestes días previos ao Nadal os nenos e nenas de 5º de EI estivemos moi atarefad@s facendo adornos e traballiños propios destas datas. Intentamos que os adornos se puideran facer, na súa maioría, con materiais de refugallo ou con cousiñas que xa tiñamos polo cole.
 
 Este ano a nosa árbore de Nadal 🎄 agocha unha historia de esperanza: a profe Patri descubriu que alguén lle cortara os carballos que plantara había uns anos, despois de escoitar a historia puxémonos tod@s moi tristes, porque as árbores son moi necesarias para a vida e nas súas pólas habitan moitos animaliños, entre eles os paxaros que tanto nos gustan. Foi por este motivo que a profe trouxo un deses carballos para o cole como símbolo do que non se debe facer, para lembrarnos que temos que coidar o medio ambiente. Na clase démoslle unha "segunda vida" a un deses carballos xa que o aproveitamos para que lucise na clase como árbore de Nadal.
 
 Ademais enviámoslle, ao noso amiguiño Uriel, unha felicitación de parte de tod@s xa que non vai estar con nós ata mediados de Xaneiro. 
 
Neste vídeo podedes ver un pequeno resumo dos momentos que compartimos xunt@s:

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario