mércores, 5 de maio de 2021

GRAFOMOTRICIDADE DIVERTIDA

Boa tarde!! Hoxe queremos amosarvos unha actividade que fixemos as nenas e nenos de 3 aniños. Estivemos pacticando exercicios de grafomotricidade con pedriñas e pompóns de cores 😀 Queredes ver que ben o fixemos?? 😍


Agora imos actualizarvos de como están os nosos vermes de seda 🐛

O venres da semana pasada, vimos que había dous vermes na parede da caixa, algo que nunca acontecera ata o momento. Por que estarían alí? Que estarían buscando?


O luns obtivemos a resposta!! Os vermes estábanse preparando para facer a crisálida 😀 A profe contounos que, durante a fin de semana, observou como ían construíndo a súa casiña, onde están aproximadamente 2 semanas ata que se converten en bolboretas. Velaquí vos deixamos unhas fotos.




Ademais, seguimos alimentándoos con follas de moreira. Hoxe démoslle 3 follas grandes e 2 pequenas, 5 en total.


Agora mesmo temos 28 vermes e, de vez en cando, observamos que hai algún pequeniño que vai saíndo dos ovos.


A verdade é que estamos moi entusiasmados/as con eles e gústanos moito observar como medran, como cambian...

Ningún comentario:

Publicar un comentario