sábado, 22 de maio de 2021

A QUE ANDAN ESTES DÍAS AS NENAS E NENOS DE 3 ANOS?

Bo día familias!! Queredes saber a que andamos estes días as nenas e nenos de 3 aniños? Pois ben, ímosvos contar.

Este xoves, aproveitando que estaba un día tan bo 🌞 fomos á horta para quitar herbas malas, revisar como estaban os nosos cultivos e plantar algún novo. Neste caso cultivamos máis amorodos, cabazas de Samaín, cabazas cacahuete e unha planta de caléndula para intentar que os bichiños non coman os nosos cultivos.

Ademais, observamos en que estado estaba a nosa horta 👀

  • Os amorodos xa se deixan ver, agora teñen que medrar e madurar e seguro que moi pronto poderemos botarlle o dente 🍓🍓 
  • Das cenorias non hai nin rastro, aínda non se deixan ver 🙈
  • Das 11 leitugas que plantamos soamente quedan 3 😢😢 semella que aos paxariños e caracois lles encantan!! Ademais, tamén comeron as folliñas dun dos nosos pementos.
  • Polo demais, todo medra con normalidade, só nos queda ter paciencia!!


Queremos contarvos tamén que os nosos vermes de seda téñennos moi intrigados 🐛🐛 Temos dúas crisálidas que xa levan un tempo formadas e, do xoves para o venres, vimos como un vermiño xa ben gordecho e grande comezaba a facer a súa, así que en total temos 3. Cando se deixarán ver as bolboretas? Estamos ansiosos/as!!!


Ademais, aconteceunos algo moi curioso!! Cando o encargado/a do día se dispoñía a darlle de comer aos vermes logo da asemblea, descubrimos que un saíra da caixa!! Estaba pousadiño na mesa do recuncho da eiruguiña. Como saíra da caixa? Non sabiamos ben, só nos quedaba axudarlle a volver a ela para que seguise comendo as súas follas de moreira.


Finalmente, contarvos que estes días incorporamos nun dos recunchos uns materiais que nos gustaron moito: pequenas pedras e cunchas de diferentes tamaños para facer moooooitas creacións e xogos 😍




Ata a próxima!! 😘

1 comentario: