Bo día!! Hoxe é martes, o segundo día da semana. Lembrades que día vén antes do martes? Sii!! O luns. E despois?? O mércores.
Fixástesvos que a Ricardo Carvalho Calero lle deron unha medalla? Chamábase Medalla Castelao e, se observastes o cartel, na súa plástica veredes que a ten colgada do pescozo. Velaquí a tedes máis de preto.
Agora vén a primeira das tarefas de hoxe.
Para as nenas e nenos de 3 anos
Para as nenas e nenos de 4 e 5 anos
Agora unha última proposta para todos os nenos e nenas de Educación Infantil. Como sabedes, don Ricardo estaba moi relacionado con Santiago de Compostela, así que imos deixarvos a receita da tarta de améndoa, tamén coñecida como tarta de Santiago. Animádesvos a facela?? 🍰 Non esquezades sacar fotos ou facer vídeos para enviarnos 📷📷 encántanos vervos de reposteiros/as 😍😍 Non tedes por que facela hoxe, pode ser a fin de semana ou outro día pero, se vos animades, enviádenos algunha fotiño para darnos envexa 🙊

Agora vén a primeira das tarefas de hoxe.
Para as nenas e nenos de 3 anos
- Dicídelle oralmente á vosa familia por que vos gustaría gañar unha medalla. Gravade un vídeo para compartir connosco 📷
- Debuxade nun papel como vos gustaría que fose. Pensade na forma, o debuxo que vos gustaría que tivese...
Para as nenas e nenos de 4 e 5 anos
- Escribide nun folio por que vos gustaría gañar unha medalla. Abonda cunha frase sinxela 📄
- Debuxade como vos gustaría que fose esa medalla. Pensade na forma, no debuxo que vos gustaría que tivese...
Agora unha última proposta para todos os nenos e nenas de Educación Infantil. Como sabedes, don Ricardo estaba moi relacionado con Santiago de Compostela, así que imos deixarvos a receita da tarta de améndoa, tamén coñecida como tarta de Santiago. Animádesvos a facela?? 🍰 Non esquezades sacar fotos ou facer vídeos para enviarnos 📷📷 encántanos vervos de reposteiros/as 😍😍 Non tedes por que facela hoxe, pode ser a fin de semana ou outro día pero, se vos animades, enviádenos algunha fotiño para darnos envexa 🙊
Antes de rematar, deixámosvos esta ligazón ao blog da biblioteca: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/05/letras-galegas-2020-parte-ix.html. Nel podedes ver fotos dos traballiños que fixeron os nosos peques sobre Ricardo Carvalho Calero e que Fidalgo, a mascota da biblioteca, seleccionou para amosar aos demais compañeiros e compañeiras do cole 😀
Biquiños doces de améndoa 😘😘😘
Biquiños doces de améndoa 😘😘😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario