mércores, 1 de abril de 2020

RETO MÉRCORES 1 DE ABRIL DE 2020

Bo día artistas!! Hoxe imos recrear un cadro do famoso Kandinsky. Coñecédelo?? Como vedes realizouno con diferentes formas xeométricas.
Cuadrado con círculos concentricos", 1913. Wassily Kandinsky ...
Imaxe extraída de https://www.pinterest.es/pin/582864376745216503/
E aquí vén o voso traballiño:
  • Que forma xeométrica é?
  • Intentade recrear este cadro empregando esas formas e cores. Lembrade que podedes facelo con témpera, acuarelas, ceras ou rotuladores, o que teñades máis á man. Estamos seguras de que vos quedará unha preciosidade!! Se queredes compartilo connosco e velo publicado no blog, enviádenolo por correo, estaremos encantadas de ver as vosas artistadas; senón podedes traelo á clase para ensinar cando todo isto volva á normalidade.

Hoxe celébrase o Día das Artes Galegas polo que podedes consultar o blog da biblitoeca (http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/04/dia-das-artes-galegas.html), onde podedes ver imaxes do fermosas que están algunhas rúas de Carballo grazas á iniciativa "Derribando muros con pintura".

Biquiños e moita saúde.

martes, 31 de marzo de 2020

EN MARCHA O RETO DO 31 DE MARZO DE 2020

Xa estades mans á obra coas rimas!! Que marabilla, canto traballades peques.

Dani B. xa ten as súas palabras pensadas para facer o poema.



Lucía xa ten pensados obxectos que riman: pemento-pegamento, tapón-limón, pota-pelota...




Nagore xa seleccionou os obxectos e escribiu o seu nome e rimas. 




Ben feito!! Alégranos vervos tan implicad@s 💗

RETO MARTES 31 DE MARZO DE 2020

Bo martes!! Hoxe é día de rimas. Dicídelle ás vosas familias que vos reciten o seguinte poema
Xoaniña, voa, voa
que che hei dar pan de broa.
Xoaniña, voa, voa
vai e tráeme algunha nova.
Xoaniña, voa, voa
que teu pai vai en Lisboa.

Despois de ler o poema, podemos ver que hai palabras que riman, por exemplo: voa rima con broa, nova e Lisboa. Hoxe teredes que introducir pequenos obxectos e xoguetes nunha caixa que teñades pola casa. Despois de nomealos un por un, debedes atopar cousas que rimen con eses obxectos. Por exemplo: pelota con pota, prato con pato…
Estamos desexando ver as vosas rimas, agardámolas!!!

luns, 30 de marzo de 2020

EN MARCHA O RETO DO 30 DE MARZO DE 2020

Xa están chegando fotos dos peques facendo series. Ben feito!!

Dani B.


Hugo



Xoán


RETO LUNS 30 DE MARZO DE 2020

Bo comezo de semana!! Hoxe traémosvos un xogo de series. Seguro que na casa tedes diferentes tapas de botellas ou calquera outro tipo de material que sirva para facer series: culleres, garfos, pratos, vasos, palillos, pezas de construción…. Invitámosvos a que fagades series. Comezade por facelas de 2 elementos e despois pedídelle a vosa familia que vaian aumentando a dificultade.

Exemplos:
  • Series de 2 elementos con material de cociña: Garfo-Culler-Garfo-Culler-...
  • Series de 3 elementos con tapas de cores: Marrón-Verde-Amarelo-Marrón-Verde-Amarelo-...

Imaxe extraída de internet.
Ánimo a todos/as!! A practicar.

domingo, 29 de marzo de 2020

ACTIVIDADES DE RELIXIÓN

A profe Alicia envíanos estas actividades de relixión para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril.

Descargar

venres, 27 de marzo de 2020

EN MARCHA RETO 27 DE MARZO DE 2020

Xa están chegando fotos dos vosos trasvases. Foi unha proposta divertida, verdade??
Dani B.



Gael


Hugo coa súa irmá Carla.