Bo día artistas!! Hoxe imos recrear un cadro do famoso Kandinsky. Coñecédelo?? Como vedes realizouno con diferentes formas xeométricas.
![]() |
Imaxe extraída de https://www.pinterest.es/pin/582864376745216503/ |
E aquí vén o voso traballiño:
- Que forma xeométrica é?
- Intentade recrear este cadro empregando esas formas e cores. Lembrade que podedes facelo con témpera, acuarelas, ceras ou rotuladores, o que teñades máis á man. Estamos seguras de que vos quedará unha preciosidade!! Se queredes compartilo connosco e velo publicado no blog, enviádenolo por correo, estaremos encantadas de ver as vosas artistadas; senón podedes traelo á clase para ensinar cando todo isto volva á normalidade.
Hoxe celébrase o Día das Artes Galegas polo que podedes consultar o blog da biblitoeca (http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/04/dia-das-artes-galegas.html), onde podedes ver imaxes do fermosas que están algunhas rúas de Carballo grazas á iniciativa "Derribando muros con pintura".
Ningún comentario:
Publicar un comentario