martes, 14 de abril de 2020

BENVID@S AO 3.º TRIMESTRE


Benvidas e benvidos ao 3.º trimestre!! Hoxe estariamos de volta nas aulas coas pilas ben cargadas logo dunhas pequenas vacacións pero... esta situación é especial!! De momento non podemos compartir xogos e traballiños cos nosos compis, pero estamos seguras de que dende as vosas casas estades facendo os pequenos retos que vos mandamos para non esquecervos da vida da escola.

De momento, non temos novidades respecto ao desenvolvemento do 3.º trimestre polo que, ata novo aviso, seguiremos traballando como ata agora. Enviarémosvos pequenos retos diarios para que fagades nas vosas casiñas. Lembrade que tanto as/os profes como os/as compis estamos desexando vervos e agora a forma que temos para iso é a través deste blog. Enviádenos fotos ou vídeos vosos facendo os retos ao correo electrónico (ospequesdesanluis@gmail.com) e publicarémolas. Así tamén veremos que traballiños tan fermosos estades facendo.

Se tedes calquera dúbida escribídenos ao correo.

Moitos bicos 😘😘 e ánimo!!  Seguídevos coidando moito.

sábado, 11 de abril de 2020

PARABÉNS HUGO H.

Hoxe o noso compi Hugo H. está de aniversario. Moitísimos parabéns Hugo!!! Agardamos que pronto poidamos facer unha festa todos xunt@s no cole e celebralo como se merece.


Un biquiño 😘😘

venres, 3 de abril de 2020

O CEIP XESÚS SAN LUÍS ROMERO QUEDA NA CASA

Son as 13.50h, un día normal estariamos saíndo do cole pero hoxe é especial. Seguimos nas nosas casas facendo o máis importante nestes momentos: coidarse. Estamos segur@s de que pronto volveremos compartir momentos xuntos.



Boas vacacións!! Coidádevos moito ❤️❤️

EN MARCHA O RETO 3 DE ABRIL DE 2020

Xa estades mans á obra co experimento de hoxe, que ben!!! 😀😀 Velaquí tedes algunhas fotos e vídeos:

Lucía 




Dani B. 





Dani A.



Nagore


NOTAS 2.ª AVALIACIÓN

Hoxe, a partir das 12.00h, as familias poderedes acceder ás notas dos vosos fillos/as a través de ABALAR. Se alguén ten dúbidas de como descargalo ou empregalo, podedes ver o seguinte vídeo. Premede na imaxe:

espazoAbalar : abalarMóbil

Se tedes calquera problema para acceder ás notas, podédesnos escribir ao seguinte correo electrónico: ospequesdesanluis@gmail.com

Un saúdo, 
O equipo de Educación Infantil.

RETO VENRES 3 DE ABRIL DE 2020

Bo día peques!! Hoxe traémosvos un experimento para saber se determinados obxectos flotan ou se afunden. Atrevédesvos a comprobalo???

Necesitaredes:
  • Unha palangana.
  • Diversos obxectos que podedes buscar pola casa: un tapón de cortiza, outro de plástico, unha pedra, unha culler, unha peza de froita... ou calquera outro que se vos ocurra.
Como o ides realizar?
Paso 1: Enchede a palangana de auga ata a metade.
Paso 2: Distribuíde os obxectos pola mesa e elixide un.
Paso 3: Metede o obxecto na auga e observade que pasa: flota?, afúndese pouco a pouco?, afúndese rápido? Podedes deducir o motivo polo que pasa iso, se é porque se trata dun obxecto pesado ou lixeiro.
Paso 3: Realizade o mesmo co resto de obxectos.
Pin en Jardin
Imaxe extraída de https://salaamarilla2009.blogspot.com/2013/01/experimentos-con-agua-flota-o-se-hunde.html?m=1
Enviádenos algún vídeo ou foto da vosa experiencia, seguro que vos vai encantar!! Xa nos contaredes.

Dende hoxe ata o luns 13 (incluído) estaremos de vacacións de Semana Santa, mais serán unhas vacacións un tanto distintas onde debemos facer plans en familia sen saír da casa. Estaremos pendentes das instrucións que vaia dando o Goberno sobre a situación que estamos a vivir. Calquera novidade xa vola comunicamos por aquí.
Moita forza e coidádevos moito!! Biquiños 😘😘

PELÍCULAS DE RELIXIÓN

A profe Alicia envíavos unha serie de películas para que poidades ver esta Semana Santa.