Necesitaredes:
- Unha palangana.
- Diversos obxectos que podedes
buscar pola casa: un tapón de cortiza, outro de plástico, unha pedra, unha
culler, unha peza de froita... ou calquera outro que se vos ocurra.
Como o ides realizar?
Paso 1: Enchede a palangana de auga ata a metade.
Paso 2: Distribuíde os obxectos pola mesa e elixide un.
Paso 3: Metede o obxecto na auga e observade que pasa: flota?, afúndese
pouco a pouco?, afúndese rápido? Podedes deducir o motivo polo que pasa iso,
se é porque se trata dun obxecto pesado ou lixeiro.
Paso 3: Realizade o mesmo co resto de obxectos.
![]() |
Imaxe extraída de https://salaamarilla2009.blogspot.com/2013/01/experimentos-con-agua-flota-o-se-hunde.html?m=1 |
Enviádenos algún vídeo ou foto da vosa experiencia, seguro que vos vai
encantar!! Xa nos contaredes.
Dende hoxe ata o luns 13 (incluído) estaremos de vacacións de Semana Santa,
mais serán unhas vacacións un tanto distintas onde debemos facer plans en familia sen saír da casa. Estaremos pendentes das instrucións que vaia dando o
Goberno sobre a situación que estamos a vivir. Calquera novidade xa vola
comunicamos por aquí.
Moita forza e coidádevos moito!! Biquiños 😘😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario