venres, 17 de abril de 2020

EN MARCHA O RETO 17 DE ABRIL DE 2020

Xa están os peques proba que proba, saborea que saborea 😀😊 tedes un sentido do gusto moi bo!!!

Alejandro e o seu irmán Vagneli












Xoán e o seu irmán Anxo



Gael





Eber


Dani B.




Hugo e a súa irmá Carla


Dani A.


RETO VENRES 17 DE ABRIL DE 2020

Bo venres peques!! Xa chegamos ao final desta semana. Hoxe propoñémosvos un xogo chamado “o xogo do gusto”. Adiviñades de que trata? Ímosvos explicar:


Necesitades:
  • Unha bandexa.
  • Tarros ou vasiños pequenos.
  • Diferentes alimentos: froita fresca, chocolate, verduras, copos de cereais, queixo… ou o que se vos ocorra.
  • Uns escarvadentes, culler, garfo... para coller os alimentos.
  • Un pano de papel.
  • Unha venda, bufanda... para tapar os ollos

Que tedes que facer?
  1. Cubride a bandexa cun pano de papel.
  2. Distribuíde os distintos alimentos polos vasiños. Colocade os vasiños e os escarvadentes na bandexa.
  3. Agora con algún membro da vosa familia xogade a probar os alimentos e a adiviñar cal é cada un.
Agardamos os vosos vídeos e fotos!! 📷📷 A ver que tal anda o voso sentido do gusto 👅.


Como xa é venres, imos manter a costume de levar para a casa un libro de empréstito. Nesta ocasión vai ser de forma virtual. Deixámosvos o conto “La vaca que puso un huevo”. Premede na imaxe para acceder a el. A gozar da súa lectura!


Boa fin de semana!! 😘😘

xoves, 16 de abril de 2020

EN MARCHA O RETO 16 DE ABRIL DE 2020

Xa nos están chegando probas do reto de hoxe. Mirade mirade que ben recortadiño e que bo equilibrio 😀😀👏👏

Hugo


Dani B.



Luci






Dani A.











Nagore








RETO XOVES 16 DE ABRIL DE 2020

Bo xoves peques!! Que tal estades?? Hoxe traémosvos dúas propostas de psicomotricidade; unha de psicomotricidade fina e outra para traballar o equilibrio. Ímosvos explicar cada unha delas:

A BANDEXA DE CORTAR
Necesitades:
  • Unha bandexa.
  • Unhas tesoiras adaptadas a vosa idade e dependendo de se sodes zurdos ou destros.
  • Follas de papel, periódico ou revista.
  • Unha bandexa para ir botando os anacos de papel recortados.

 Pasos a seguir:
  • Preparade unha folla con liñas horizontais e verticais a uns 1,5 cm de separación unhas entre as outras.
  • Preparade a bandexa colocando nela todo o material.
  • Agora a recortar!


É importante axudar aos nenos/as a colocar os dedos nos ocos das tesoiras de forma correcta, co polgar cara arriba (sempre mirando cara o queixo) e o índice e o corazón no oco inferior, mirando cara abaixo. Explicarlle que hai que abrir e cerrar as tesoiras para cortar pois teñen moooooita fame e van mastigar para comer todo o papel que lle poñamos diante.

Lembrade que podedes ir aumentando a dificultade da actividade. Comezade por liñas rectas, logo inclinadas, curvas… Aaahh!! E non tiredes os recortes, aproveitádeos para facer algunha manualidade ou practicar a respiración. Para isto último tedes que coller unha palliña e poñela na boca, aspirar o aire á vez que poñedes o outro extremo da palla sobre o papel. Intentade cambialos de sitio. Isto é coma o que fixemos no xogo de pescar, seguro que vos acordades.


CAMIÑAR SOBRE UNHA LIÑA
Como indica o nome da actividade trátase de camiñar sobre unha liña que debuxaremos con cinta adhesiva. Tamén pode ser un lazo ou cordón fino pero tede coidado, non vaiades torcer un pé!!😰
Este xogo é progresivo e, pouco a pouco, podémoslle ir engadindo dificultade. Por exemplo, podemos comezar camiñando pola liña coas mans baleiras e sen saírnos. Despois podemos transportar un libro pequeno coas mans e, máis adiante, probar a levar un vaso de auga sen tirala ou cunha vela que debe manterse acendida (Ollo!! 👀 se usades a vela, andade con moito coidado e facédeo en presenza dun adulto, nunca sós).
Biquiños 😘😘

mércores, 15 de abril de 2020

EN MARCHA O RETO 15 DE ABRIL DE 2020

Xa nos estades mandando fotos das figuras que fixestes, canto traballades!! Da gusto vervos 😍😍

Eber fixo un triángulo e un cadrado con macarróns.





Gael xa fixo o reto de hoxe. Mirade mirade!!





Dani B. xa ten as súas figuriñas feitas coa explicación de que é cada unha.



Luci xa se puxo mans á obra coas figuras.





Nagore envíanos as súas figuras feitas con plastilina caseira que tamén usou no reto de onte.








Hugo mándanos un vídeo con todas as súas figuras e dinos que é cada unha.


Dani A. mándanos varias formas xeométricas e incluso dúas casiñas 😀








Graciñas familias por implicarvos tanto 💓