Bo venres peques!! Xa chegamos ao final desta semana. Hoxe propoñémosvos un xogo chamado “o xogo do gusto”. Adiviñades de que trata? Ímosvos explicar:



Necesitades:
- Unha bandexa.
- Tarros ou vasiños pequenos.
- Diferentes alimentos: froita fresca, chocolate, verduras, copos de cereais, queixo… ou o que se vos ocorra.
- Uns escarvadentes, culler, garfo... para coller os alimentos.
- Un pano de papel.
- Unha venda, bufanda... para tapar os ollos
Que tedes que facer?
- Cubride a bandexa cun pano de papel.
- Distribuíde os distintos alimentos polos vasiños. Colocade os vasiños e os escarvadentes na bandexa.
- Agora con algún membro da vosa familia xogade a probar os alimentos e a adiviñar cal é cada un.
Como xa é venres, imos manter a costume de levar para a casa un libro de empréstito. Nesta ocasión vai ser de forma virtual. Deixámosvos o conto “La vaca que puso un huevo”. Premede na imaxe para acceder a el. A gozar da súa lectura!
Boa fin de semana!! 😘😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario