mércores, 5 de maio de 2021

GRAFOMOTRICIDADE DIVERTIDA

Boa tarde!! Hoxe queremos amosarvos unha actividade que fixemos as nenas e nenos de 3 aniños. Estivemos pacticando exercicios de grafomotricidade con pedriñas e pompóns de cores 😀 Queredes ver que ben o fixemos?? 😍


Agora imos actualizarvos de como están os nosos vermes de seda 🐛

O venres da semana pasada, vimos que había dous vermes na parede da caixa, algo que nunca acontecera ata o momento. Por que estarían alí? Que estarían buscando?


O luns obtivemos a resposta!! Os vermes estábanse preparando para facer a crisálida 😀 A profe contounos que, durante a fin de semana, observou como ían construíndo a súa casiña, onde están aproximadamente 2 semanas ata que se converten en bolboretas. Velaquí vos deixamos unhas fotos.




Ademais, seguimos alimentándoos con follas de moreira. Hoxe démoslle 3 follas grandes e 2 pequenas, 5 en total.


Agora mesmo temos 28 vermes e, de vez en cando, observamos que hai algún pequeniño que vai saíndo dos ovos.


A verdade é que estamos moi entusiasmados/as con eles e gústanos moito observar como medran, como cambian...

martes, 4 de maio de 2021

PLANTAMOS A HORTA

A semana pasada, as nenas e nenos de 3 aniños, plantamos a horta 🍅🍓🌱 Puxemos mandilóns, botas ou zapatos vellos e collemos os apeiros: pas, rastrillos, caldeiros, regadeiras, as plantas para cultivar...

Que ben o pasamos!! Queredes ver como disfrutamos e aprendemos? Mirade, mirade 👀

Agora temos que ter paciencia, dedicarlle tempo e cariño aos nosos cultivos para que medren!! Estamos agardando ver os primeiros froitos 😀 Xa vos iremos ensinando.

domingo, 2 de maio de 2021

Carlos cumple 5 anos

Na aula de 4 anos rematamos o mes de abril co aniversario do noso amiguiño Carlos. Parabéns no teu quinto aniversario.

APRENDENDO NO HORTO!!!

Fai uns días, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil, gozamos un montón cultivando plantas no noso horto, primeiro estivemos estudiando as características dos produtos e das plantas que íamos cultivar, despois fomos ao horto preparar a terra e posteriormente plantamos: pementos morróns, pementos de padrón, cenorias, alloporros, amorodos, leitugas e unha planta aromática que se emprega moito en Marrocos para facer té: menta!!!

Encantounos esta actividade e estamos desexando volver a coidar das nosas plantas e ver como medraron, xa vos iremos poñendo ao día de todo, aquí podedes ver como foi todo o proceso, agardamos que vos guste!!😊

Despois de cultivar no horto quixemos sacar o nos lado máis artístico na clase, primeiro analizamos bodegóns de distintos pintores e despois cada un de nós quixo facer o seu propio bodegón empregando a súa creatividade e orixinalidade. Queredes ver como quedaron? 👀Pois velaí vai unha pequena mostra!!!


xoves, 29 de abril de 2021

23 ABRIL... QUE NON MORRA O CONTO!!!

Na semana do 19 ao 23 de Abril os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil estivemos moi atarefad@s coa celebración do Día  Internacional do Libro  facendo algunhas das actividades que nos encomendou o noso pequeno trasno: baixamos ao patio durante o recreo a ler  libros, participamos nun taller de marcapáxinas que tivo lugar na Biblioteca do cole, gravamos vídeos dicindo cales eran os nosos libros favoritos... e finalmente quixemos compartir a lectura dun conto que nos gustou moito: "Teresa la princesa". Agardamos que gocedes das nosas pequenas aportacións a un día tan especial😊📗



COMO FOI A SEMANA DO LIBRO NA AULA DE 3 ANOS?

Boa tarde a todos e a todas!! Hoxe, as nenas e nenos de 3 aniños, queremos amosarvos como celebramos a Semana do Libro 📚 Fixemos numerosas actividades pero, sen dúbida, ler no patio deitados en mantas e toallas foi o que máis nos gustou 😍😀 Moitas grazas ás familias por aportar o voso gran de area!!


Como sabedes, na aula estamos traballando moito co conto  A eiruguiña comellona e non podiamos desperdiciar esta ocasión. É un conto que nos gusta moito e xa sabemos de memoria algúns anaquiños polo que decidimos facer un contaconto virtual. Agardamos que vos guste 😊


Lembrade que, ao ser unha proposta da biblioteca, podedes visitar o seu blog. Nel están publicados tamén os nosos traballiños destas datas. Velaquí vos deixamos a ligazón:

domingo, 25 de abril de 2021

Plantando flores

Neste tempo primaveral os nen@s de 4 anos non o dubidamos nin un momento, calzamos as nosas botas e saimos ó patio plantar xeranios, hortensias, lavanda e uns bulbos de calas. Como bos xardiñeiros rellenamos con terra algún que outro neumático que nos fan de orixinais macetas, espetamos as poliñas que a profe Sabina nos trouxo do seu xardín, regamos, e agora esperar que saian. Con sol, auga e o mimo que lle puxemos seguro que pronto veremos asomar algunha que outra flor.