luns, 10 de maio de 2021

PLANTANDO BULBOS

Collémoslle o gusto a esto de plantar. Desta vez tocou plantar cadaseu bulbo nunha maceta,agora toca esperar que floreza. Mirade que ben o pasamos.

MALAS NOVAS NA HORTA

O xoves pasado cando ibamos todos contentos a regar e quitar as malas herbas á nosa horta, levámosnos unha sorpresa ben desagradable, as nosas leitugas non estaban. Que pasaría? Pensamos varias cousas: Nos caracois, que o sal non fora o suficientemente eficaz para escorrentalos ou tamén nos paxaros, sobre todo unhas rulas que sempre están cando saimos ao patio. A nosa cabeza estivo dando voltas para atopar algunha solución, así que chegamos á conclusión que tiñamos que facer algo que espantara aos paxaros.

PLANTANDO NA HORTA

Fai unhas semanas os nenos de 4 an@s fomos á horta plantar unhas cantas cousiñas (leitugas, pementos de padrón e morrón, amorodos e allos porros). Como bos labregos primeiro tivemos que preparar a terra para poder plantar, que estaba a campo despois de tanto tempo, pero nada imposible para nós co sacho, pá , rastrillo, regadeira na man.... no menos que canta un paxaro xa tiñamos todo a punto para empezar a plantar. Así que a poñer no seu burato as plantas e agardar que medren cos coidados que lle proporcionamos e coa luz do sol. Esperamos ensinarvos pronto os froitos!!!!

SEMANA DO LIBRO

Na semana do 19 ao 23 de abril celebramos a Semana do Libro. Ollade que actividades máis divertidas fixemos.

xoves, 6 de maio de 2021

SEGUIMOS TRABALLANDO NO HORTO

Estes días, os/as peques do cole seguimos traballando sobre cuestións referidas ao horto. Aproveitamos para escribir, contar, experimentar, investigar... 😀 Cada vez sabemos máis cousas!!!

Contarémosvos que estamos un pouco tristes 😭😰Polo cole hai uns paxariños aos que lles resultaron moi apetecibles as nosas leitugas e... coméronas case todas!! 


Hoxe descubrimos para que servía o hotel de insectos que tiñamos nun recuncho da aula dende fai unhas semanas.

Agora, coa axuda de Alberto, colocarémolo preto do noso bancal da horta 🐜🐝🐞

mércores, 5 de maio de 2021

GRAFOMOTRICIDADE DIVERTIDA

Boa tarde!! Hoxe queremos amosarvos unha actividade que fixemos as nenas e nenos de 3 aniños. Estivemos pacticando exercicios de grafomotricidade con pedriñas e pompóns de cores 😀 Queredes ver que ben o fixemos?? 😍


Agora imos actualizarvos de como están os nosos vermes de seda 🐛

O venres da semana pasada, vimos que había dous vermes na parede da caixa, algo que nunca acontecera ata o momento. Por que estarían alí? Que estarían buscando?


O luns obtivemos a resposta!! Os vermes estábanse preparando para facer a crisálida 😀 A profe contounos que, durante a fin de semana, observou como ían construíndo a súa casiña, onde están aproximadamente 2 semanas ata que se converten en bolboretas. Velaquí vos deixamos unhas fotos.




Ademais, seguimos alimentándoos con follas de moreira. Hoxe démoslle 3 follas grandes e 2 pequenas, 5 en total.


Agora mesmo temos 28 vermes e, de vez en cando, observamos que hai algún pequeniño que vai saíndo dos ovos.


A verdade é que estamos moi entusiasmados/as con eles e gústanos moito observar como medran, como cambian...

martes, 4 de maio de 2021

PLANTAMOS A HORTA

A semana pasada, as nenas e nenos de 3 aniños, plantamos a horta 🍅🍓🌱 Puxemos mandilóns, botas ou zapatos vellos e collemos os apeiros: pas, rastrillos, caldeiros, regadeiras, as plantas para cultivar...

Que ben o pasamos!! Queredes ver como disfrutamos e aprendemos? Mirade, mirade 👀

Agora temos que ter paciencia, dedicarlle tempo e cariño aos nosos cultivos para que medren!! Estamos agardando ver os primeiros froitos 😀 Xa vos iremos ensinando.