luns, 7 de xuño de 2021

XOGANDO COA CIENCIA EN 6º DE EI

 Entrado o mes de xuño na clase de 6º de EI decidimos xogar coa ciencia, cunha botella de plástico, unha palliña, un globo, auga, colorante e unha pistola de silicona fixemos unha pequena fonte na clase. Querédelo ver? Pois velaí vos vai unha pequena mostra do que aconteceu na clase


Días máis tarde animámonos a facer outro experimento moi coñecido, que pasa se misturas Coca-cola cuns carameliños mentos?? Quixémolo comprobar nós mesmos na clase, queredes saber que pasou? pois aquí tedes unha pequena mostra, para a semana que ven queremos repetir a experiencia encantounos!! Eso si, estas cousiñas hainas que facer sempre baixo a supervisión dun adulto porque poden chegar a ser moi perigosas💣💥😲

mércores, 2 de xuño de 2021

Un espantallo para a horta.

Lembrádesvos que na nosa horta desaparecera algunha que outra cousa das que plantaramos? A partir de hoxe ningún intruso se atreverá a poñer o pé ou a pata na horta, xa que os nen@s de 4 anos demos vida a un espantallo o que vixiará día e noite e tamén velará para que nas hortas veciñas algún que outro larpeiro se dea un banquete sin ser convidado.

luns, 31 de maio de 2021

Hugo cumple 5 anos

Hoxe estivo de aniversario o noso amigo Hugo, cumpliu nada mais e nada menos que 5 aniños. Que maiores estamos.!! Parabéns Hugo!!

sábado, 29 de maio de 2021

Como medran os nosos bulbos

Acordádesvos que en xornadas anteriores plantaramos uns bulbos de flores? Algúns están comenzando a xerminar.
Outros correron mais e xa medraron o seu. 
Dentro de pouco esperamos que florezan, da gusto ver as nosas macetas.
Cos coidados que lles proporcionamos seguramente vexamos pronto algunha flor.

CANTO SABEMOS XA DE MARROCOS!!!

Estes días estivemos recopilando toda a información que fomos recollendo ao longo destes dous últimos trimestres sobre Marrocos, categorizámola e despois gravamos un vídeo recordando todo o aprendido.  Foi todo un pracer poder coñecer o país das nosas compañeiras, Khaoula e Douae 💗💚💛💜💙


ESCRIBIMOS A INFORMACIÓN



UN CONTO SOBRE MARROCOS.... "LA REINA TROTAMUNDOS POR MARRUECOS"






xoves, 27 de maio de 2021

Volta á horta

Nestes días fomos á horta ver como estaba a nosa plantación e etiquetámola Aproveitamos tamén para facer uns baladiños entre planta e planta. Unha vez alí levamos algunha que outra sorpresa. Acordádesvos que as nosas leitugas desapareceran?, pois non contentos con todo os intrusos desta vez leváronnos tamén algún que outro pemento. Pero aínda así, quixemos arriesgar e plantar cabazas de Samaín, cabazas cacahuete e calabacín. Esperemos na próxima visita non levarnos mais sorpresas desagradables, a estes intrusos quédanlle os días contados xa que estamos finalizando a execución de algo que os vai escorrentar, xa vos manteremos informados.

sábado, 22 de maio de 2021

A QUE ANDAN ESTES DÍAS AS NENAS E NENOS DE 3 ANOS?

Bo día familias!! Queredes saber a que andamos estes días as nenas e nenos de 3 aniños? Pois ben, ímosvos contar.

Este xoves, aproveitando que estaba un día tan bo 🌞 fomos á horta para quitar herbas malas, revisar como estaban os nosos cultivos e plantar algún novo. Neste caso cultivamos máis amorodos, cabazas de Samaín, cabazas cacahuete e unha planta de caléndula para intentar que os bichiños non coman os nosos cultivos.

Ademais, observamos en que estado estaba a nosa horta 👀

  • Os amorodos xa se deixan ver, agora teñen que medrar e madurar e seguro que moi pronto poderemos botarlle o dente 🍓🍓 
  • Das cenorias non hai nin rastro, aínda non se deixan ver 🙈
  • Das 11 leitugas que plantamos soamente quedan 3 😢😢 semella que aos paxariños e caracois lles encantan!! Ademais, tamén comeron as folliñas dun dos nosos pementos.
  • Polo demais, todo medra con normalidade, só nos queda ter paciencia!!


Queremos contarvos tamén que os nosos vermes de seda téñennos moi intrigados 🐛🐛 Temos dúas crisálidas que xa levan un tempo formadas e, do xoves para o venres, vimos como un vermiño xa ben gordecho e grande comezaba a facer a súa, así que en total temos 3. Cando se deixarán ver as bolboretas? Estamos ansiosos/as!!!


Ademais, aconteceunos algo moi curioso!! Cando o encargado/a do día se dispoñía a darlle de comer aos vermes logo da asemblea, descubrimos que un saíra da caixa!! Estaba pousadiño na mesa do recuncho da eiruguiña. Como saíra da caixa? Non sabiamos ben, só nos quedaba axudarlle a volver a ela para que seguise comendo as súas follas de moreira.


Finalmente, contarvos que estes días incorporamos nun dos recunchos uns materiais que nos gustaron moito: pequenas pedras e cunchas de diferentes tamaños para facer moooooitas creacións e xogos 😍




Ata a próxima!! 😘