venres, 22 de outubro de 2021

FACEMOS UN VOLCÁN

Ola a todos e a todas!! Aquí estamos de novo as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil para amosarvos un volcán que estivemos a facer estes días. É moooooooi moi grande, moito máis alto ca nós 😀 Como sabedes, a raíz da erupción do volcán Cumbre Vieja, estamos estudando moito sobre el e contarémosvos que xa sabemos un montón de cousas:

  • Atópase na illa da Palma.
  • Esta illa está nas Canarias.
  • Para chegar ás Canarias precisamos un avión.
  • Se queresmos viaxar en avión debemos ir ir a un aeroporto.
  • Os volcáns teñen forma de cono.
  • Algunhas das súas partes son: corteza, cráter, lava, magma, chimenea... Todos estes nomes xa son coñecidos para nós.

domingo, 17 de outubro de 2021

Mateo cumple 5 anos.

Na aula de 5 anos estivemos outra vez de celebración. Cada día que pasa facémosnos máis maiores, desta vez tocoulle soprar a candea do nº 5 a Mateo. Parabéns Mateo.

mércores, 13 de outubro de 2021

ARRINCAMOS O PROXECTO ANUAL NA AULA DE 4 ANOS

O curso pasado, resultamos gañadores/as da VII Convocatoria Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero co noso proxecto titulado Baixo a mesma carpa de crochet. É por isto que, ao longo de todo o curso, imos realizar as actividades que nel se recollen.

Este proxecto trata sobre o circo e con el imos traballar sobre a igualdade de xénero. Para poñervos en situación, deixámosvos un anaquiño da xustificación do noso proxecto.


“Entendí entonces por qué el enorme y poderoso elefante que yo veía en el circo se quedaba encadenado: él estaba convencido de que nunca podría liberarse de su estaca. El pobre animal tenía el fracaso grabado en su memoria de elefante y jamás, jamás, había vuelto a poner a prueba su fuerza...”.

Este fragmento do marabilloso libro de Jorge Bucay El elefante encadenado fainos pensar nesa estaca que, ao longo dos anos, fixo que a igualdade de xénero non avanzase como quixeramos, unha estaca da que custa liberarse xa que foi pasando de xeración en xeración.

Do mesmo xeito, fainos reflexionar sobre a situación dunha persoa que pode ser vítima de violencia de xénero. Moitas veces por desgraza aínda temos que escoitar nalgunhas conversas iso de: -E se lle pega, porque non marcha? Quizais a situación do elefante encadeado nos pode dar algunha resposta: tenía el fracaso grabado en su memoria.

Con todo isto, podemos ver como os estereotipos de xénero que as nenas e nenos viven dende idades temperás, poden marcar a súa vida adulta. Dado que o noso alumnado está nesta etapa, intentaremos crochetear os fíos necesarios para axudarlles a que a equidade de xénero e o respecto á diversidade forme parte das súas vidas.

Decantámonos por este tema porque nestes tempos de pandemia, o nerviosismo está presente en nós, tanto no alumnado como nas familias e no profesorado. Consideramos que a diversión que pode aportar o tema do circo faría máis levadeira esta situación na que os protocolos condicionan tanto o noso xeito de vivir. Pretendemos que o único efecto secundario que teña todo isto sexan sorrisos e poñer en valor o traballo dos pallasos e pallasas que animan nos hospitais.

Todo isto lévanos a facer unha reflexión sobre o circo: Como un mundo que gusta tanto aos nenos e nenas e cala tan fondo neles/as está tan marcado por estereotipos?

Rematamos cun parágrafo de Jorde Bucay que di: “Todos/as somos un poco como el elefante del circo: vamos por el mundo atados a cientos de estacas que nos restan libertad. Vivimos pensando que no podemos hacer montones de cosas, simplemente porque una vez, hace tiempo, cuando éramos pequeños/as, lo intentamos y no lo conseguimos. Hicimos entonces lo mismo que el elefante, y grabamos en nuestra memoria este mensaje: No puedo, no puedo y nunca podré. Hemos crecido llevando ese mensaje que nos impusimos a nosotros/as mismos/as y por eso nunca más volvimos a intentar liberarnos de la estaca. Cuando, a veces, sentimos los grilletes y hacemos sonar las cadenas, miramos de reojo la estaca y pensamos: No puedo y nunca podré”.

E isto é o que non queremos para as nosas nenas e nenos.


Agora, ollade este vídeo para ver como comezamos o proxecto. Estamos seguros/as de que vos vai gustar e que botaredes unhas risas 😊

luns, 11 de outubro de 2021

Seynabou cumple 5 anos.

Na aula de 5 anos estivemos de aniversario, a nosa amiguiña Seynabou cumpliu 5 anos. Agardamos que o pasaras moi ben na túa festa. Parabéns Seynabou.

martes, 5 de outubro de 2021

PROXECTO OS VOLCÁNS

Fai uns días, algo aconteceu na aula de 5.º de Educación Infantil. Tiñamos un montón de dúbidas e curiosidades de algo que todas e todos viamos na tele, no móbil, nos xornais... Que era iso dun volcán?, estaba en Carballo?...

Coñeciamos palabras como lava, explosión, fume, volcán, terremoto... pero tiñamos as ideas pouco claras. É por isto que non atopamos mellor ocasión para mergullarnos no que será o noso primeiro proxecto na clase dos medianos (xa non somos peques de 3 pero tampouco tan grandes como os de 5 🙊) e onde imos estudar OS VOLCÁNS.

Deixámosvos aquí unha pequena mostra do que estivemos facendo ata o momento e agardamos que nos acompañedes neste camiño. Seguro que todos/as xuntos aprenderemos mooooooito moito sobre este tema!! 

Xa que estamos, facémosvos unha invitación, familias 😊 Se tedes algún xornal con noticias sobre o volcán, algunha imaxe, algún libro... non dubidedes en compartilos con nós. Coidaremos moito os materias que nos aportedes e devolverémosvolos unha vez rematemos o proxecto. Grazas 💓

PROPOSTAS DE SETEMBRO

Benvidos e benvidas a todos e a todas!! Con esta primeira entrada damos comezo ás aventuras na aula de 4 anos. Agardamos que gocedes moito vendo os nosos traballiños, momentos de xogo, celebracións...

Comezamos amosándovos algunhas das propostas que realizamos no mes de setembro. Falamos das vacacións, de toooodo o que fixemos no verán, lemos contos, retomamos contacto cos amiguiños e amiguiñas, recordamos as rutinas da escola...

O verán é moi divertido pero no cole tamén gozamos moito todos/as xuntos/as!! 💓

venres, 3 de setembro de 2021

REUNIÓNS INICIAIS


Estimadas familias:

O próximo xoves día 9 comezamos a clase pero antes diso imos ter unha reunión con vós. Nos próximos días, indicarémosvos a data, hora e lugar de dita reunión.

Ata pronto!!