mércores, 28 de decembro de 2022

luns, 26 de decembro de 2022

DÍAS DE NADAL EN 5º DE EI

Nestes días previos ao Nadal os nenos e nenas de 5º de EI estivemos moi atarefad@s facendo adornos e traballiños propios destas datas. Intentamos que os adornos se puideran facer, na súa maioría, con materiais de refugallo ou con cousiñas que xa tiñamos polo cole.
 
 Este ano a nosa árbore de Nadal 🎄 agocha unha historia de esperanza: a profe Patri descubriu que alguén lle cortara os carballos que plantara había uns anos, despois de escoitar a historia puxémonos tod@s moi tristes, porque as árbores son moi necesarias para a vida e nas súas pólas habitan moitos animaliños, entre eles os paxaros que tanto nos gustan. Foi por este motivo que a profe trouxo un deses carballos para o cole como símbolo do que non se debe facer, para lembrarnos que temos que coidar o medio ambiente. Na clase démoslle unha "segunda vida" a un deses carballos xa que o aproveitamos para que lucise na clase como árbore de Nadal.
 
 Ademais enviámoslle, ao noso amiguiño Uriel, unha felicitación de parte de tod@s xa que non vai estar con nós ata mediados de Xaneiro. 
 
Neste vídeo podedes ver un pequeno resumo dos momentos que compartimos xunt@s:

 

VISITAMOS A PANADARÍA PAN IGNACIO

A comezos deste mes de decembro, o alumnado das tres aulas de Educación Infantil realizamos unha saída á Panadaría Pan Ignacio de aquí de Carballo. Que ben o pasamos!! 😍 Amasamos, fixemos pan, pizza... 

Aprendemos como se fai o pan, os ingredientes que se usan, falamos sobre a súa orixe... encantounos a experiencia 😍😃


Moitísimas grazas ao persoal da panadaría por tratarnos tan ben e por ensinarnos con tanto cariño 💖

domingo, 25 de decembro de 2022

ANIVERSARIOS DE DECEMBRO EN 5º DE EI!!!

No mes de  Decembro, dous dos nosos amiguiños estiveron de aniversario!!! Uriel, o día 8 e Djibryl o 16. Agora xa teñen 4 anos!!! E para celebralo gozamos de dúas festas, velaí tedes unha pequena mostra do que aconteceu:

 

 

venres, 23 de decembro de 2022

CHEGOU O NADAL A 6.º EI

Fai unhas semaniñas que o Nadal chegou á aula de 6.º de Educación Infantil. Deixámosvos un vídeo para que vexades algunhas das cousiñas que fixemos 🎄🎅

Agardamos que pasedes unhas boas festas e que teñades un feliz 2023 ⭐🌟 Vémonos o 9 de xaneiro no colexio 😊

FESTIVAL DE NADAL

Onte rematou este trimestre e aproveitamos para facer un gran festexo de Nadal 🎄🎅🎈 Deixámosvos a nosa aportación a un festival mooooooooi divertido😍 Bailamos e cantamos a canción "Chegou o Nadal".

ATA PRONTO PROFE VALERIA

Rematou o trimestre e con el temos que dicirlle ata pronto á profe Valeria. Onte foi un día moi emotivo, pois dende setembro que comezou as súas prácticas con nós, compartimos moitos momentos xuntos. Agora toca deixar o noso colexio e volver á Universidade.

Aprendemos moito xuntos e formamos un gran equipo. Se é que SOMOS ESPACIAIS!! Grazas por deixar a túa pegada en nós 💗

Isto non é un adeus, senón un ata pronto. Estamos seguros/as de que volveremos coincidir 💕

Querémoste moito 💗