xoves, 26 de xaneiro de 2023

SUMAMOS CON POLICUBOS

Na aula de 6.º de Educación Infantil seguimos exprimindo ao máximo as nosas cabeciñas. Fai uns días fixemos sumas con policubos e descubrimos que somos uns/unhas cracks!! Entendémolas mooooi ben 😀😍

Encántanos este agasallo que recibimos polo Nadal. Estanos a dar moito xogo 😄

venres, 20 de xaneiro de 2023

AGASALLANDO APERTAS!!

 Mañá 21 de Xaneiro celébrase o Día Internacional dos Abrazos, por iso na clase de 5º de EI quixemos adiantarnos a festexar este día, a mellor maneira de facelo foi agasallando apertas entre nós. Para comezar observamos distintas obras de arte onde se podían ver abrazos, despois "filosofeamos" sobre elas e a través de imaxes comprobamos que os animais tamén se abrazan entre eles.

Despois fixemos dous xogos: 

1º-  tiñamos unhas tarxetas dentro dunha caixa que nos indicaba como dar os abrazos: unha aperta e chocar as cinco, unha aperta longa, unha aperta e unha volta...

2º- mentres sonaba unha música tiñamos que bailar e no momento que se paraba a música tiñamos que atopar a alguén para abrazarse

Falamos sobre os beneficios de abrazarse que son moitos: eleva a autoestima, xenera confianza e seguridade, reduce o estrés e a ansiedade, mellora o estado de ánimo, reduce o risco de padecer demencia, rexuvenece o corpo e a alma, relaxa os músculos, reduce a presión arterial, mellora o sistema inmune...Pero o que sempre hai que ter en conta é  asegurarse que a persoa á que se quere abrazar o tolere e non darllo á forza, podemos preguntar antes. 

Despois escoitamos o conto "El abrazo" 


PROPOSTAS DE INVERNO

Estes días, na aula de 6.º de Educación Infantil, estivemos a realizar algunhas propostas de inverno, coas que traballamos o conteo, a relación número-cantidade, convertémonos en artistas e fixemos neve ☃❄
Velaquí unha pequena mostra dalgunhas das actividades 😍 Sen dúbida o que máis nos gustou foi a neve!! Xa que aquí en Carballo non a podemos ver, conservámola na tuff tray para seguir xogando con ela 😀

ARTE CON PLUMAS

 Á volta das vacacións apareceu o noso amigo Ratiño, que levaba varias semanas desaparecido, o motivo, fixo dúas viaxes moi longas unha a Laponia e outra a E.E.U.U.

Ratiño foi visitar a Papá Noel a Laponia e falando con el díxolle que estabamos a estudiar as aves, entón Noel comentoulle que había un artista en E.E.U.U. chamado Chris Maynard que "esculpía plumas" usando unhas lupas especiais, un bisturí e unhas pinzas cirúrxicas. Ratiño emprendeu unha viaxe a E.E.U.U. para coñecer a obra de Maynard e quedou impresionado coa súa habiliade para facer aves a partir de plumas. Por este motivo Ratiño retounos a buscar plumas e intentar facer obras de arte con elas. Velaí tedes unha pequena mostra do que pasou 👀

SORPRESA Á VOLTA DE VACACIÓNS!!

O novo ano empezou no cole con algunha sorpresa!! Cando chegamos ás aulas tiñamos agasallos agardándonos, sen demora dispuxémonos a abrilos e descubrimos o que nos deixaran!!!

 

 
 

Días despois gozamos moito dos novos xoguetes e da nova distribución da clase, que decidimos cambiar entre todos e todas.



domingo, 15 de xaneiro de 2023

UN NOVO RECUNCHO MOI RELAXANTE

Coa chegada do novo trimestre, a aula de 6.º de Educación Infantil sufriu unha transformación!! Agora está organizada dunha forma diferente ao trimestre pasado 😍 Estreamos tamén un novo recuncho onde relaxarse, gozar dunha boa lectura...

Contamos cunha alfombra e coxíns, materiais como a árbore musical, botellas da calma... e algúns outros que aínda nos faltan!!

AGASALLOS DE NADAL PARA A AULA DE 6.º EI

O luns 9 de xaneiro, volvemos ao colexio!! Un novo ano, moitas experiencias que contar do Nadal e novas ilusións de cara a este trimestre 😊 As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil dispuxémonos en semicírculo para contar o que máis nos gustou das vacacións, que fixeramos... cando nos decatamos de que había unha carta para nós colgada na clase!! Se queredes saber cal era o seu contido e que pasou a continuación, ollade este vídeo 😍