xoves, 16 de xuño de 2022

ANDAN OS PAXAROS...

Na aula de 4º de Educación Infantil estamos inmersos no mundo dos paxaros, o motivo? Un poema de Florencio Delgado que lemos na clase: "Andan os paxaros..." e falando, falando de paxaros démonos de conta que só coñecíamos as gaivotas, entón picounos a curiosidade, como lle pasa a Ratiño e saímos ao patio a observar paxaros, ese día vimos unha pega, oito gaivotas, un merlo, un ferreiriño...🐦

Poucos días despois recibimos a visita de Ratiño que nos deixou unha carta, na que nos facía saber a súa alegría por interesarnos polo mundo dos paxaros e animounos a visitar a Biblioteca do centro para coller libros informativos, concretamente o apartado 5 da CDU. Ademais diso transmitiunos a súa preocupación polo coidado do medio ambiente e comprometémonos a aunar esforzos para que o noso planeta terra non sufra máis danos tomando unha serie de medidas no día a día (aforrar auga, luz, reciclaxe...) 👀

Para que os paxaros poidan facer os seus niños tranquilos, Ratiño trouxonos dúas casiñas para colgar nas árbores do patio e ademais deixounos dous niños para observalos e intentar saber a que paxaro pertencían, para isto pedímoslle axuda a Alberto, un gran amante da natureza e moi interesado no mundo dos paxaros. 

Graciñas Alberto por toda a tua paciencia e colaboración!!💙💗💚💛💜

Ningún comentario:

Publicar un comentario