Nas últimas semanas, na clase de 4º de Educación Infantil, estivemos recibindo a visita dun curioso amiguiño, Ratiño, o protagonista do conto "¿Puedo mirar tu pañal?". Para presentarse deixounos unha carta onde nos explicaba a necesidade que ten sempre de aprender, por este motivo entra a curiosear en museos, Bibliotecas, laboratorios, colexios... por iso a partir de agora vai compartir con nós o que ve ou o que quere aprender.
Para empezar visitou algúns museos, deixounos autorretratos de distintos pintores e unha caixa moi especial que contiña un gran tesouro!!!💎💰 despois invitounos a facer o noso propio retrato, Queredes ver imaxes do acontecido? 📷😊 pois velaí van algunhas
Ningún comentario:
Publicar un comentario