Como na aula de 5º de EI estamos a estudiar as aves chamounos moito a atención a historia de dous cisnes negros que viven no parque do retiro de Madrid, Luna e Lorenzo.
Luna é unha cisne negro que vivía feliz no parque do retiro coa súa parella, ata que un día un can intenta atacala, a súa entón parella, interpúxose para protexela e resultou ferido de morte, ela perde un ollo no fatal incidente. Un fotógrafo da zona, preocupado pola situación dela porque estaba moi triste, fixo varias campañas nas redes sociais para encontrarlle un novo compañeiro, os cisnes son animais monógamos, é dicir, que viven en parella toda a vida e "deben coidarse mutuamente".
Entón atoparon un cisne negro chamado Lorenzo, a xente estaba algo preocupada por se non se aceptaban e se enfretaban un ao outro, pero unha vez que llo presentaron uniron os seus pescozos en forma de corazón, proba de que se querían e se respectaban.
Unha bonita historia, cunha gran carga emocional e chea de valores que non esqueceremos por ese motivo quixemos recordar esta historia facendo aos dous cisnes negros en papiroflexia ademais de escribir esta noticia no noso xornal de aula "Look e Verás" .
Ningún comentario:
Publicar un comentario