xoves, 2 de abril de 2020

EN MARCHA O RETO XOVES 2 DE ABRIL DE 2020

Xa temos mostras dos vosos contos favoritos para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil así como debuxos e decoracións que facedes polo Día Mundial do Autismo. Moitas grazas!!!! 😀😀 Que artistas!! 💓

Gael xa fixo a portada do seu libro favorito, Pinocho.




Hugo mándanos a portada do libro titulado Colores de Hervé Tullet, así como as pegadas das súas mans en azul na ventá.






Dani A. mándanos un super debuxo de Pinocho.




Dani B. mándanos o debuxo do libro O polo Pepe e tamén un que realizou polo Día do Autismo.





Luci mandounos un debuxo do libro Cuando soy amable e tamén a decoración das súas ventás polo Día do Autismo.






Nagore e a súa mamá escolleron o conto Peter Pan.



EN MARCHA OS TRABALLIÑOS DE RELIXIÓN

Estannos a chegar tamén fotos dos traballiños que vos mandou a profe Alicia.

Nagore




Dani B.


RETO XOVES 2 DE ABRIL DE 2020


Bo día peques!! Hoxe celébrase o Día Internacional do Libro Infantil. Vimos propoñervos unha idea: ides poñer en marcha a vosa imaxinación e creatividade e ides facer un debuxo da portada ou personaxe dalgún dos vosos libros favoritos, que vos parece?
Deixámosvos a portada dalgúns dos que lemos nas aulas e que sabemos que vos gustan moito.
Imaxe extraída de https://www.ivoox.com/cocorico-audios-mp3_rf_49473477_1.html

Imaxe extraída de http://oqo.es/product/mariluz-avestruz/

Dado que agora mesmo #TodosQuedamosNaCasa, deixámosvos tamén contos onde podedes ver diferentes casas. Algunhas parecidas ás vosas e outras non tanto, pero todas elas nos fan sentir seguros/as. Para acceder aos audiocontos só tedes que pinchar encima das imaxes.
En nuestros cuentos infantiles os dejamos este bonito cuento de La Casita de Chocolate o también conocido como Hansel y Gretel en imágenes. Videos De Cuentos, Fabulas Para Ninos, Casa De Chocolate, Trazos Preescolar, Libros, Ilustraciones, Lectura Y Escritura, Recuerdos De La Infancia, Cuento De Hadas
Imaxe extraída de https://www.pinterest.es/pin/382946774542308271/
Casas del mundo (Para aprender más sobre): Amazon.es: Sourdais ...
Imaxe extraída de https://www.amazon.es/Casas-mundo-Para-aprender-sobre/dp/8467541229

Kalandraka: Detalle libro
Imaxe extraída de http://www.kalandraka.com/ga/coleccions/nome-coleccion/detalle-libro/ver/o-coellino-branco/
UNHA CASA A MEDIDA | DANIELA KULOT | Comprar libro 9788493512293
Imaxe extraída de https://www.casadellibro.com/libro-unha-casa-a-medida/9788493512293/1653892


Tedes máis propostas para conmemorar este día no blog da biblioteca.



Non podemos deixar sen enviarvos un conto con pictogramas con motivo da celebración do Día Mundial do Autismo.

 

Deixámosvos un vídeo ao que podedes acceder pinchando na imaxe.


Animámosvos a decorar as ventás con algo azul en homenaxe ás persoas con autismo. Pode ser un debuxo, un globo, un lazo... o que se vos ocorra!!

Saudiños!!

mércores, 1 de abril de 2020

MÁIS APLICACIÓNS DE DIFERENTES EDITORIAIS

Diferentes editoriais estannos facendo chegar recursos online. Deixámosvos as ligazóns e as explicacións de como acceder:

EDITORIAL VICENS VIVES
EDITORIAL EDELVIVES
Aplicacións para tablet ou móbil
  • SplashKids 3 anos
  • SplashKids 4 anos
  • SplashKids 5 anos
  • ChessApp
  • NextApp

Para descargalas, debedes introducir o nome da aplicación en Google Play ou App Store. Unha vez localizadas introducides o código “edelvives”.

Para usalas no ordenador, debedes descargalas das seguintes ligazóns e non precisaredes ningún código de acceso. As ligazóns son as seguintes:

Aplicacións só para o ordenador
Primeiro debedes rexistrarvos na seguinte páxina: https://edelvivesdigital.com/ Logo introduciredes os seguintes códigos de licenza:
  • ¿Qué te cuentas? 3 años: ENCASA_INFANTIL3A 
  • ¿Qué te cuentas? 4 años: ENCASA_INFANTIL4A
  • ¿Qué te cuentas? 5 años: ENCASA_INFANTIL5A
  • Molalaletra 3 años: ENCASA_INFANTIL3A 
  • Molalaletra 4 años: ENCASA_INFANTIL4A
  • Molalaletra 5 años: ENCASA_INFANTIL5A

EDITORIAL SM


Moitas grazas ás editoriais!

EN MARCHA O RETO MÉRCORES 1 DE ABRIL DE 2020

Xa comezan a chegar mostras dos/as grandes artistas que temos no cole!! Mirade mirade.

Gael

Dani A.

Nagore


Hugo



Dani B.






Xoán e a súa mamá coa supervisión de Bimba.



Moitas grazas novamente ás familias pola vosa implicación, pois como di un proverbio africano "para educar a un neno/a fai falta a tribu enteira" 💗❤️

RETO MÉRCORES 1 DE ABRIL DE 2020

Bo día artistas!! Hoxe imos recrear un cadro do famoso Kandinsky. Coñecédelo?? Como vedes realizouno con diferentes formas xeométricas.
Cuadrado con círculos concentricos", 1913. Wassily Kandinsky ...
Imaxe extraída de https://www.pinterest.es/pin/582864376745216503/
E aquí vén o voso traballiño:
  • Que forma xeométrica é?
  • Intentade recrear este cadro empregando esas formas e cores. Lembrade que podedes facelo con témpera, acuarelas, ceras ou rotuladores, o que teñades máis á man. Estamos seguras de que vos quedará unha preciosidade!! Se queredes compartilo connosco e velo publicado no blog, enviádenolo por correo, estaremos encantadas de ver as vosas artistadas; senón podedes traelo á clase para ensinar cando todo isto volva á normalidade.

Hoxe celébrase o Día das Artes Galegas polo que podedes consultar o blog da biblitoeca (http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/04/dia-das-artes-galegas.html), onde podedes ver imaxes do fermosas que están algunhas rúas de Carballo grazas á iniciativa "Derribando muros con pintura".

Biquiños e moita saúde.