Bo día peques!! Hoxe
celébrase o Día Internacional do Libro Infantil. Vimos propoñervos unha
idea: ides poñer en marcha a vosa imaxinación e creatividade e ides facer un debuxo
da portada ou personaxe dalgún dos vosos libros favoritos, que vos parece?
Deixámosvos a portada
dalgúns dos que lemos nas aulas e que sabemos que vos gustan moito.
Dado que agora mesmo #TodosQuedamosNaCasa, deixámosvos tamén contos onde podedes ver diferentes casas. Algunhas parecidas ás vosas e outras non tanto, pero todas elas nos fan sentir seguros/as. Para acceder aos audiocontos só tedes que pinchar encima das imaxes.
Podedes facer un debuxo da vosa casa, de como vos gustaría que fose, ou construír unha con pezas.
Tedes máis propostas para conmemorar este día no blog da biblioteca.
Non podemos deixar sen
enviarvos un conto con pictogramas con motivo da celebración do Día Mundial
do Autismo.
Deixámosvos un vídeo ao que podedes acceder pinchando na imaxe.
Animámosvos a decorar as ventás con algo azul en homenaxe ás persoas con autismo. Pode ser un debuxo, un globo, un lazo... o que se vos ocorra!!
Saudiños!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario