martes, 16 de febreiro de 2021

UN ENTROIDO CHEO DE COR!!

Un ano máis, celebramos unha das festas máis importantes do ano e por ser unha data na que desfrutamos disfrazándonos  tanto as crianzas coma os maiores. 

Neste ano tan atípico e inmers@s nunha pandemia, en Educación Infantil quixemos achegar un toque de positividade a esta situación. Escollemos a figura do arco da vella para facer o disfrace, un símbolo que representa a paz, a armonía e a protección. Ao longo da semana do 8 ao 12 de Febreiro estivemos moi atarefad@s facendo os nosos disfraces e obedecendo as encomendacións da nosa Meca. 

O día 12 puxemos os nosos disfraces, cada clase fixo un pequeno desfile polo patio do cole  e despois de tanto axetreo repuxemos forzas cunha merendola  típica destas datas. Queremos darlle as grazas ás nosas familias por traernos uns doces tan apetitosos, aínda que este ano, por mor das restriccións, non puideron desfrutar con nós deste día tan especial queremos agradecerlle igual toda a súa colaboración🙏💗. Por este motivo aquí vos deixamos unha pequena mostra do que aconteceu nestas datas, agardamos que vos guste!!😀


sábado, 13 de febreiro de 2021

DESPEDIDA DA PROFE NATALIA

Estes días estamos a vivir moooooitas emocións!! Son días especiais pois preparamos o Entroido, pero había algo que nos tiña un pouco tristes. Ímosvos explicar. Dende outubro, compartimos os nosos días coa profe Natalia pero, o seu periodo de prácticas chegou ao seu fin. E iso que significa? Pois que chegou o momento de despedirnos dela 😥 Sabemos que vive pretiño do cole e que podemos seguir véndoa pero xa non poderemos compartir tantos momentos xuntos como ata o de agora.

Non podiamos deixar pasar a ocasión sen facerlle unha pequena sorpresa para agradecerlle todo o que fixo por nós durante este tempo.

"De ellos aprendí, que hay personas por las que merece la pena derretirse. Todo es posible, incluso lo imposible. Las virtudes a veces están bajo la superficie, la belleza está en el interior". Non hai mellor frase que defina á nosa profe Natalia pois ela axudounos nos nosos primeiros días de colexio, bailamos xuntos, rimos, aprendemos, queremos a distancia, sorrimos moito baixo as máscaras... 

"Sigue nadando, sigue nadando" pois estamos seguros/as de que podes conseguir todo o que te propoñas. Recorda que "tu identidad es tu posesión más valiosa, protégela a toda costa", vales ouro 💗

Como di a canción do vídeo, "ohana significa familia, familia es estar juntos siempre" e aquí tes a túa nova familia. Querémoste moito profe Natalia 💓 Moitas grazas por todo o que fixeches por nós 😍

Agardámoste no cole. Vén visitarnos cando queiras!! Un bico moi forte de todos/as nós 😘

O ENTROIDO NA AULA DE 3 ANOS

Estes días estamos de festexo, pois levamos un tempo preparando o Entroido!! 😍 Este ano, todo o alumnado de Educación Infantil e as mestras e mestres, quixemos que o noso disfrace transmitise unha mensaxe de esperanza nesta situación que estamos a vivir. Estamos seguros/as de que TODO VAI SR BEN!!!

Se queredes ver como transcurriron estes días na aula de 3 anos, aquí vos deixamos un video 😃 Foron días moi divertidos nos que tamén tivemos que esforzarnos e traballar moito para facer o noso disfrace.

Boas vacacións pequechos, pequechas e familias!! Coidádevos moito 😊😘

mércores, 10 de febreiro de 2021

Erik cumple 5 anos

Chega o mes de entroido e con el diferentes celebracións, ademais de poñer o disfrace, estivo de aniversario Erik e non é o único deste mes, quen será o seguinte? Mirade que ben o pasamos. Parabéns Erik!!!

martes, 9 de febreiro de 2021

NATALIA ESTÁ DE ANIVERSARIO

Onte, na aula de 3 aniños, tivemos unha celebración moi especial 💓 Sabedes que festexamos??? O aniversario da profe Natalia!! Mirade que ben o pasamos 😃😍

Moitos parabéns profe Natalia!! Querémoste moito 💓

luns, 1 de febreiro de 2021

COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA NA AULA DE 3 ANOS

Que día de emocións!! Hoxe, logo de facer a asemblea, descubrimos que tiñamos nunha esquina da aula, ben agochada, unha caixa sorpresa!!! Sen pensalo nin un segundo, lanzámonos para abrila e ver que había dentro.

Non vos podedes imaxinar con que ilusión recibimos esa sorpresa!! Pero... quen nos enviaba todo aquilo?? Se queredes sabelo, ollade o vídeo 👀 Nel tamén atoparedes algunhas imaxes e vídeos do que había dentro da caixa.

E con isto damos comezo a un proxecto sobre o INVERNO.

HARON CUMPLE 4

Este sábado, o noso amiguiño Haron estivo de aniversario e non podiamos deixar pasar a ocasión sen facer unha boa festa rachada, así que hoxe tocou celebrar 🎈🎁 Agardamos que gozases moito da túa festiña!! Felices 4 aniños Haron!!! 💓