martes, 16 de febreiro de 2021

UN ENTROIDO CHEO DE COR!!

Un ano máis, celebramos unha das festas máis importantes do ano e por ser unha data na que desfrutamos disfrazándonos  tanto as crianzas coma os maiores. 

Neste ano tan atípico e inmers@s nunha pandemia, en Educación Infantil quixemos achegar un toque de positividade a esta situación. Escollemos a figura do arco da vella para facer o disfrace, un símbolo que representa a paz, a armonía e a protección. Ao longo da semana do 8 ao 12 de Febreiro estivemos moi atarefad@s facendo os nosos disfraces e obedecendo as encomendacións da nosa Meca. 

O día 12 puxemos os nosos disfraces, cada clase fixo un pequeno desfile polo patio do cole  e despois de tanto axetreo repuxemos forzas cunha merendola  típica destas datas. Queremos darlle as grazas ás nosas familias por traernos uns doces tan apetitosos, aínda que este ano, por mor das restriccións, non puideron desfrutar con nós deste día tan especial queremos agradecerlle igual toda a súa colaboración🙏💗. Por este motivo aquí vos deixamos unha pequena mostra do que aconteceu nestas datas, agardamos que vos guste!!😀


Ningún comentario:

Publicar un comentario