sábado, 13 de febreiro de 2021

DESPEDIDA DA PROFE NATALIA

Estes días estamos a vivir moooooitas emocións!! Son días especiais pois preparamos o Entroido, pero había algo que nos tiña un pouco tristes. Ímosvos explicar. Dende outubro, compartimos os nosos días coa profe Natalia pero, o seu periodo de prácticas chegou ao seu fin. E iso que significa? Pois que chegou o momento de despedirnos dela 😥 Sabemos que vive pretiño do cole e que podemos seguir véndoa pero xa non poderemos compartir tantos momentos xuntos como ata o de agora.

Non podiamos deixar pasar a ocasión sen facerlle unha pequena sorpresa para agradecerlle todo o que fixo por nós durante este tempo.

"De ellos aprendí, que hay personas por las que merece la pena derretirse. Todo es posible, incluso lo imposible. Las virtudes a veces están bajo la superficie, la belleza está en el interior". Non hai mellor frase que defina á nosa profe Natalia pois ela axudounos nos nosos primeiros días de colexio, bailamos xuntos, rimos, aprendemos, queremos a distancia, sorrimos moito baixo as máscaras... 

"Sigue nadando, sigue nadando" pois estamos seguros/as de que podes conseguir todo o que te propoñas. Recorda que "tu identidad es tu posesión más valiosa, protégela a toda costa", vales ouro 💗

Como di a canción do vídeo, "ohana significa familia, familia es estar juntos siempre" e aquí tes a túa nova familia. Querémoste moito profe Natalia 💓 Moitas grazas por todo o que fixeches por nós 😍

Agardámoste no cole. Vén visitarnos cando queiras!! Un bico moi forte de todos/as nós 😘

1 comentario:

  1. Só podo darvos as grazas, grazas e grazas infinitas por haberme ensinado tanto en tan pouco tempo pero, sobre todo, grazas por quererme como o fixechedes.
    Non podo negar que estou moi triste por ter que marchar��, pero vou ir visitarvos sempre que poda, prometoo����☺
    Sempre, vaia onde vaia, levareivos no meu corazón.
    Querovos moito FAMILIA ❤

    ResponderEliminar