martes, 2 de marzo de 2021

SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2021/2022

Estimadas familias.

Dende o día 1 ao 22 de marzo está aberto o prazo de admisión para o curso 2021/2022 para aquel alumnado que queira incorporarse ao centro.


Queredes coñecer un pouquiño máis de nós? Velaquí tedes un vídeo 😊

Agardámosvos!!

xoves, 25 de febreiro de 2021

ROSALÍA PEQUENIÑA

Onte, 24 de febreiro, celebrouse o Día de Rosalía. Na aula de 3 aniños estivemos aprendendo moitas cousas sobre Rosalía de Castro e animámonos a decorar unha máscara coa súa cara de pequeniña. A nós encántanos pintar con acuarela, así que decidimos coller os pinceis e mans á obra!! Tampouco podía faltar un pouco de purpurina para o resultado final 😍

Agardamos que vos gustase o noso traballo 😍 a nós encantounos facelo e puxemos nel toda a ilusión do mundo 🌍

mércores, 24 de febreiro de 2021

UNHA DATA MOI ESPECIAL

Esta semana estivemos moi pendentes dun día moi especial do mes de Febreiro, queredes saber de cal? Pois exactamente do 24 porque ese é o día do aniversario dunha gran escritora galega: Rosalía de Castro. Ao longo da semana estivemos lendo poemas dela e ata quixemos recitar un deles!! Hoxe quixemos celebrarlle unha festa de aniversario e facerlle unha tarxeta de felicitación. Agardamos que gocedes moito do  noso traballo!!👀💓


luns, 22 de febreiro de 2021

Un novo membro na nosa aula

Que sorpresa nos levamos hoxe na aula de 4 anos.!!! Cando a profe nos estaba a ler un conto empezamos a escoitar uns ladridos. O primeiro que nos preguntamos e de donde viñan , parecía que era dentro da aula. Así que empezamos a buscar e.....SORPRESA, " Un canciño agochado entre os nosos xoguetes.
Quitámolo da caixa e traia consigo unha carta.
Puxémonos a ler, e soubemos que é unha cadeliña que vivía na rúa chamada Princesa. Contábanos que a veces tiña frío e non tiña onde durmir, tiña fame e non tiña que comer, ninguén lle daba aloumiños.... Sentíase moi soa e triste. Un día un lobo perseguiuna e correndo chegou ao noso colexio e agochouse dentro da nosa aula onde se quedou durmidiña. Encantaríalle quedar aquí connosco, así que sen dudalo acollémola. Xa somos un máis na aula de 4 anos. E como bos anfitrións buscamoslle de comer, démoslle aloumiños....
Antes de marchar deixámoslle un platiño con galletas por se de noite tiña fame. Comerá todo?
Ah, ocorréronsenos moitas máis cousas que facer con Princesa. Xa vos iremos informando!!!

domingo, 21 de febreiro de 2021

Kayla cumple 5 anos

Na aula de 4 anos estivemos de aniversario. Kayla cumpliu 5 anos. Que maiores!!! Para festexalo fixemos unha gran festa. Bailamos, xogamos ao xogo da cadeira....e tamén cada un de nós lle fixo un debuxo para agasallala. Mirade que ben o pasamos!!!

xoves, 18 de febreiro de 2021

Na aula de 4 anos imos etudiar...."OS CANS".

Na aula de 4 anos cada día imos máis maiores e temos cada vez máis inquedanzas. Días atrás comenzamos a falar sobre a temática que nos gustaria estudiar. Uns faláronnos dos seus gatiños, outros dos seus cans...,estaba claro que a temática xiraba en torno aos animais. Así que despois de votar, ganaron...."Os Cans". Soubemos que a Zeus, o can de Erik, lle gusta escapar para o monte, Luna, a cadeliña de Nagore dorme nun caseto.... Agora falamos sobre.... QUE SABEMOS DOS CANS? - Van ao monte. - Comen pienso. - Dormen dentro ou fóra da casa. - Xogan con nós. - Están a veces no caseto ou cocho. - Levan unha correa para pasear. - Hai cans bos e malos. - Beben auga. QUE QUEREMOS SABER DOS CANS? - Que comidas lles gustan. - As razas. - Si van ao médico. - Cómo se chama o médico dos cans. - Si hai parques para os cans - Onde viven e con quén viven. - Animais que son parecidos os cans. Unha vez tomou rumbo o noso proxecto decidimos ir á biblioteca en busca de información.
Atopamos diferentes libros os que trouxemos para a clase e decidimos crear o noso recanto dos cans. Temos un libro moi interesante onde atopo información acerca desta especie que moitos descoñecíamos,todos os días aprendemos algunha curiosidade. Atopamos outro libro de mascotas, onde aparece o can entre elas, diferentes contos dun can chamado Lula que lle gusta moito agocharse dentro dos armarios, debaixo das mesas... ao que nos encanta atopalo.....
E así damos por inaugurado o noso proxecto

mércores, 17 de febreiro de 2021

Entroido multicolor

Neste entroido tan atípico marcado pola situación que estamos a vivir, os nen@s e mestres de infantil vestimos o noso disfrace de arco da vella con un grito colorido de esperanza e convencidos de que pronto todo volverá á normalidade.!!! Ollade canto empeño e ilusión puxemos á hora de elaborar o noso disfrace para despois lucilo cheos de entusiasmo.